lunes, 30 de abril de 2012

Uns libros moi especiais...

Son os que nos traen dende a web VeryNiceThings. Dende un libro onde medran as plantas ata un que serve de condimento para os nosos pratos. Vos comprariades algún?

Bookworms Go Green, un curioso libro onde podes ver unha pranta medrar

O libro das ideas que brillan na escuridade, e brillan de verdade

Outra opción para ver crecer á natureza, nesta caso céspede...

Artenica, ou o Libro-lámpada

E o Spicy Hot Book, un libro no que cada folla é unha especia para botar directamente á tixola

viernes, 27 de abril de 2012

A cita da semana


“No hay libro tan malo del que no se pueda aprender algo bueno

Cayo Plinio, escritor latino, científico, naturalista e militar (23 - 79)


jueves, 26 de abril de 2012

Mañá na Biblioteca...


Temos sesión de contacontos con "Os contos de Pablisimo"

O contador Pablisimo narrará co seu peculiar estilo diversas historias acompañado de obxectos, sons e xestos. Sesións temáticas de contacontos: contos de príncipes e princesas, contos de medo,¡Que caca!, contos de Rodari, contos con ovos...(contos tradicionais e contos contemporáneos)

Unha actividade para nen@s a partir de 4 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (40 prazas)

Mañá, venres 27, ás 18:00 h. na Sala de actividades


Hoxe na Biblioteca...

Temos sesión de Contacontos Multilingües

E en que consisten estes contos? Pois son sesións de contacontos, en 5 idiomas diferentes: galego, castelán, inglés, francés e lingua de signos.


Podedes inscribirvos de forma presencial na Biblioteca ou ben enviado a solicitude (descargar no blog) por correo electrónico a seguinte dirección: biblio.publica.lugo@xunta.es

Unha actividade para nen@s de 4 a 8 anos

Hoxe, xoves 26, ás 18:00 h. na Sala de actividades


martes, 24 de abril de 2012

El lenguaje de las flores, de Vanessa Diffenbaugh

Inspirándose no sofisticado código que a sociedade vitoriana utilizaba para expresar sentimentos por medio das flores, Vanessa Diffenbaugh narra a viaxe emocional dunha moza californiana que, marcada por unha dolorosa historia persoal, encontra nesta peculiar linguaxe o medio para recuperar a súa capacidade de confiar e amar os seus semellantes. Recibida con entusiasmo pola crítica e os lectores -en Italia vendéronse máis de 400 mil exemplares-, a novela publicarase en trinta e seis idiomas.

Aos dezaoito anos, tras unha vida entrando e saíndo de numerosos fogares de acollida e pisos tutelados, Victoria Jones está obrigada a emanciparse por lei. Converteuse nunha moza introvertida e arisca, e só na súa paixón polas flores se enxerga un camiño de salvación. Finalmente, tras encontrar traballo nunha floraría, crúzase cun mozo a quen coñeceu dez anos antes, durante a época en que viviu na casa de Elizabeth, unha nai de acollida que lle ensinou a linguaxe das flores. O misterioso mozo coñece un segredo que atormenta a Victoria, aínda que só ela pode arranxar contas co pasado. 



Así, Victoria, que é capaz de expresar os sentimentos dos clientes con fermosos ramos, deberá aprender a interpretar as súas propias emocións, o único xeito de desfacerse do enorme peso que arrastra dende nena e que lle impide encontrar a felicidade.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DIF len novidades vida cotiá



lunes, 23 de abril de 2012

23 de Abril, Día do Libro



Como todos os anos, o día 23 de Abril celebrámos o Día do Libro, nesta ocasión estreando a Colección Accesible.

E en qué consiste esta colección? Pois está formada por audiolibros, libros de lectura fácil (libros elaborados coa intención de poder ser lídos e entendidos por todas aquelas persoas que teñen dificultades lectoras e/ou de comprensión de carácter transitorio ou permanente) e libros de letra grande (adaptados para xente con dificultades de visión).

Ademáis desta nova colección, durante este mes tedes o centro de interese "Abril, Mes do Libro", e esta semana contamos con dous actividades para os máis pequenos: unha sesión de contacontos multilingües o xoves 26 ás 18:00 h., e outra sesión con Pablísimo e os seus contos, o venres 27 ás 18:00 h.. Podédes atopar máis información nos nosos eventos do Facebook.

Feliz Día do Libro!




viernes, 20 de abril de 2012

Cuando pase tu ira, de Asa Larsson

Wilma e Simon son dous mozos namorados que decidiron somerxerse no xeado lago de Vittangijarvi, no norte de Suecia, en busca dos restos dun avión alemán perdido en 1943. Mentres se mergullan, alguén corta a corda de seguridade de Wilma e tapa o orificio de saída no xeo. Non poderán escapar.

Cando a primavera se achega ao norte de Suecia, un corpo de Wilma emerxe das augas do río Thorne. Ao mesmo tempo, unha figura fantasmal aparece nos sonos de Rebecka Martinsson, a reputada avogada de Kiruna. É o fantasma do corpo que apareceu no río? 



Xunto á inspectora de policía Anna-Maria Mella, Rebecka sómese nun enigma que esperta an-tiguos rumores de colaboradores nazis en Kiruna, un lugar onde a vergoña e o segredo controlan os recordos da guerra. E un asasino está disposto a seguir matando para manter o pasado enterrado para sempre baixo o xeo e a neve


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N LAR cua novidades intriga e misterio

jueves, 19 de abril de 2012

Mañá na Biblioteca...

Temos sesión de monicreques con Teatro Buratini e "Marie e as estrelas"

Marie e as estrelas é o relato dunha nena que quere as estrelas e as busca por todas partes, no pozo, entre as pedras do camiño, debaixo da cama... sen saber que basta con mirara ao sitio adecuado, no momento xusto, para atopalas, tal como lle ensina unha noite o vello baobab...

Un espectáculo para todos os públicos

Mañá, venres 20, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 18 de abril de 2012

Os mellores postres...



Son os que podedes atopar nestes títulos dispoñibles na Biblioteca. Cremas, chocolate, froitas, xeados... todo tipo de receitas para padais larpeiros! Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo.
















martes, 17 de abril de 2012

A cita da semana


“Un libro abierto es un cerebro que habla; 
cerrado, un amigo que espera; 
olvidado, un alma que perdona; 
destruido, un corazón que llora"

Proverbio hindú


Exposición "Celso Emilio Ferreiro"


Ademáis da exposición sobro o pobo xitano que vos comentabamos onte, ata o 30 deste mes podédes visitar a exposición interactiva "Celso Emilio Ferreiro", basada na súa vida e obra.



lunes, 16 de abril de 2012

Exposición "Presente, pasado e futuro da comunidade xitana en Lugo"



Dende o 13 ata o 30 deste mes podédes visitar na Biblioteca a exposición "Presente, pasado e futuro da comunidade xitana en Lugo", dentro do programa de actos para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano, e organizada pola Fundación Secretariado Gitano de Lugo.







viernes, 13 de abril de 2012

A cita da semana


“Débense buscar los amigos como se buscan los buenos libros. 
Que no está la felicidad en que sean muchos ni muy curiosos;
antes en que sean pocos, buenos y bien conocidos”

Mateo Alemán, escritor español (1547 - 1615)


jueves, 12 de abril de 2012

Mañá na Biblioteca...

Temos "Obradoiro de marionetas" con Viravolta Títeres

Na primeira parte nenos e nenas sitúanse ao redor de tres mesas, cada grupo estará cun monitor que lles indicará os pregos do papel, ata construír o monicreque; a continuación e coa axuda dos monitores escribirán onde lles corresponda o nome de cada unha das partes da cara e do corpo. Na segunda parte o monitor motivará e axudará a nenos e nenas a redactar unha frase de algo que desexen dicir, contar, berrar, expresar…

Unha actividade para nen@s a partir de 5 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (18 prazas)

Mañá, venres 13, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 11 de abril de 2012

Á rica tapa!



Para os amantes da cociña en minúscula, hoxe traemos unha selección de libros sobre esas pequenas obras de arte culinario que son as tapas... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo!