viernes, 30 de marzo de 2012

AVISO: CAMBIO DE HORARIO


Os días 2, 3, 4 e 9 de Abril o horario da biblioteca será de 9:00 a 20:00 h.

PALMERAS EN LA NIEVE, DE LUZ GABÁS

É 1953 e Kilian abandona a montaña oscense para iniciar, xunto ao seu irmán, a viaxe cara a Fernando Poo, unha terra afastada e exótica. Alí espérao o seu pai, veterano do terreo Sampaka onde cultiva un dos mellores cacaos do mundo. Na colonia descubrirán a lixeireza da vida social en comparación cunha España encorsetada e gris, vivirán os contrastes entre colonos e nativos e coñecerán o significado da amizade, a paixón, o amor e o odio.

Un deles cruzará unha liña prohibida e namorarase perdidamente dunha muller, transformando a relación dos irmáns. En 2003, Clarence, a súa filla e sobriña, mergúllase nese ruinoso pasado en busca das súas orixes. Unha novela que recupera as nosas raíces coloniais e unha conmovedora historia de amor prohibido con resonancias a Memorias de África.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GAB pal novidades histórica




jueves, 29 de marzo de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de narración con Marta Failde "Don Meco perdeu seu eco"

A Don Meco encántalle xogar co seu eco, pero este, ás veces, xoga ás agachadas.¿Qué lle acontecerá a Don Meco cando seu eco desapareza coa súa voz?

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 30, ás 18:00 h. na Sala de actividades


miércoles, 28 de marzo de 2012

NOVA PEZA DE ARTE NA BIBLIOTECA

A Biblioteca colabora coa Escola de Arte e Superior de Deseño "Ramón Falcón" de Lugo, e por iso cada mes expoñemos unha obra dos alumnos deste centro.

Nesta ocasión a peza titúlase "La huella del humo", e a autora é Mª José Requejo. Unha obra na que empregou as técnicas do torno e "pit firing".



martes, 27 de marzo de 2012

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Seguindo coas novidades, hoxe tocalle o turno os libros de non-ficción, por se estades faltos de dosis de realidade.... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí



lunes, 26 de marzo de 2012

FALECE ANTONIO TABUCCHI

Onte falecía en Lisboa o escritor italiano Antonio Tabucchi, aos 68 anos de idade, considerado un dos referentes da literatura europea. Namorado de Portugal, está considerado como un dos mellores coñecedores da obra de Fernando Pessoa e foi profesor de lingua e literatura  portuguesa na universidade italiana de Siena. A súa obra foi traducida a máis de 40 linguas e foi gañador de varios premios internacionales.

Para coñecer mellor a súa obra, aquí tedes varios dos seus libros que podedes atopar na Biblioteca. Desfrutade da lectura!









viernes, 23 de marzo de 2012

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Marchando unhas poucas de novidades!! Non dubidedes en acercarvos ata a biblioteca e levarvos para a vosa casa algunha destas magníficas novelas... Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí

jueves, 22 de marzo de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos sesión de Contacontos Multilingües

E en que consisten estes contos? Pois son sesións de contacontos, en 5 idiomas diferentes: galego, castelán, inglés, francés e lingua de signos.


Podedes inscribirvos de forma presencial na Biblioteca ou ben enviado a solicitude (descargar no blog) por correo electrónico a seguinte dirección: biblio.publica.lugo@xunta.es

Unha actividade para nen@s de 4 a 8 anos

Mañá, venres 23, ás 18:00 h. na Sala de actividades


miércoles, 21 de marzo de 2012

EXPOSICIÓN "LUGO E PROVINCIA NA CARTOGRAFÍA DE DOMINGO FONTÁN"

Dende o 20 ao 31 de marzo podédes visitar na Biblioteca a exposición titulada "Lugo e provincia na cartografía de Domingo Fontán". Esta exposición está composta por 3 mapas da cartografía de Domingo Fontán y libros sobre a súa persoa, ilustrado galego, matemático, político e topógrafo que é coñecido por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.





martes, 20 de marzo de 2012

CENTRO DE INTERESE "BICENTENARIO DE LA PEPA"


Como moitos xa saberedes, onte celebrouse o bicentenario da Constitución de 1812, "La Pepa". Para unirnos a esta celebración, a biblioteca elaborou un centro de interese onde podedes encontrar todo tipo de información sobre a famosa "Pepa".

CIDADES DE PAPEL

Eso é ao que se dedica a artista Ingrid Siliakus, a crear pequenas e grandes estructuras de cidades e edificios en papel. Un traballo delicado e meticuloso, que dá como resultado estas incribles maquetas. Qué vos parecen?








lunes, 19 de marzo de 2012

DIARIO DE INVIERNO, DE PAUL AUSTER

Auster volve a mirada sobre si mesmo e parte da chegada dos primeiros sinais da vellez para rememorar episodios da súa vida. E así, se suceden as historias: un accidente infantil mentres xogaba ao béisbol, o descubrimento do sexo, as masturbacións adolescentes e a primeira experiencia sexual cunha prostituta, un accidente de coche no que a súa muller resulta ferida, unha presentación en Arles acompañado polo seu admirado Jean-Louis Trintignant, a estanza en París, unha longa lista comentada dos 21 cuartos nas que viviu ao longo da súa vida ata chegar á súa actual residencia en Park Slope, os seus ataques de pánico, as viaxes, os paseos, a presenza da neve, o paso e a ferida do tempo...

Se "La Invención de la Soledad" se centraba no figura do seu pai, nesta ocasión repasa outros episodios vitais dedicando as súas emotivas páxinas á súa nai, ao seu divorcio e á enfermidade terminal que acabou coa súa vida, sumíndoo nunha profunda crise, e á conflitiva relación que mantivo coa súa primeira muller, a escritora Lydia Davis. Diario de Inverno aborda igualmente outros fitos vitais como a súa participación as súas protestas contra a guerra de Vietnam.

Unha virtuosa síntese de novela e biografía construída coa paixón, a desbordante creatividade literaria e a exemplar viveza da prosa que son xa os sinais de identidade deste escritor amado polos lectores e admirado pola crítica. En definitiva, un maxistral autorretrato.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: OX AUS dia novidades