miércoles, 29 de febrero de 2012

A CITA DA SEMANA


“El libro que no soporta dos lecturas no merece ninguna”

José Luis Martín Descalzo, sacerdote e escritor (1930 - 1991)


martes, 28 de febrero de 2012

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Para rematar o mes de febreiro con bo pé, que mellor que algunha das nosas novidades!! Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí

lunes, 27 de febrero de 2012

A VIDA DE WILLIAM

Dendo o blog das Bibliotecas de Redondela chéganos a vida ilustrada de William Shakespeare. Un bó resumo da sua traxectoria...

viernes, 24 de febrero de 2012

O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celébrase o 175 aniversario do nacemento da nosa poetisa Rosalía de Castro. Dende aquí este video en homenaxe...

jueves, 23 de febrero de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de animación á lectura con Fátima Fernández "A fábrica das palabras"

Actividade de animación á lectura que ten por obxetivo a promoción da lectura así como a formación dos participantes.

Unha actividade para nen@s de 5 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 24, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 22 de febrero de 2012

PAISAXES DE LIBRO

E esta vez, de verdade. Dende a páxina Twister Sifter chégamos a curiosa obra de Guy Laramee. Unha mezcla de arte e reciclaxe que da lugar a incribles paisaxes de papel. Que vós parecen?? Nesta páxina podedes ver máis fotos...





lunes, 20 de febrero de 2012

EXPOSICIÓN "LUGO EN FOTOS"


Durante este mes de Febreiro podedes visitar na Biblioteca a exposición fotográfica "Lugo en fotos". A mostra consta de dúas partes, unha mostra bibliográfica en cinco vitrinas nas que se expoñen libros nos que se amosa a evolución da cidade dende o século XIX; e as fotografías premiadas no "I Certamen Internacional de Fotografía da Muralla Romana de Lugo". Agardamos as vosas visitas!

viernes, 17 de febrero de 2012

AVISO: CAMBIO DE HORARIO


Os días 20 e 22 de Febreiro o horario da biblioteca será de 9:00 a 20:00 h.

NOVA PEZA DE ARTE NA BIBLIOTECA

A Biblioteca colabora coa Escola de Arte e Superior de Deseño "Ramón Falcón" de Lugo, e por iso cada mes expoñemos unha obra dos alumnos deste centro.

Nesta ocasión a peza titúlase "Busco", e o auto é Iván Prieto. Unha obra na que empregou as técnicas de refractario e óxidos metálicos.



jueves, 16 de febrero de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de narración con Sherezade Bardaji "Un universo de contos"

O universo é un gran libro de contos que xira enriba das nosas cabezas. As historias colgan do ceo no medio das estrelas, luces, buratos negros e sombras de cores. Pero os buratos negros non saben ler entón cada vez que atopan un conto pápano sen que quede nin unha soa palabra.

Unha actividade para nen@s de 7 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 17, ás 18:00 h. na Sala de actividades


miércoles, 15 de febrero de 2012

A CITA DA SEMANA


“Uno no lee para aprender, ni para saber más, ni para escaparse. 
Uno lee porque la lectura es un vicio perfectamente compatible con la escasez de medios, con la falta de esa audacia que otros vicios requieren, y, más importante todavía, con la absoluta pereza”

Antonio Muñoz Molina, escritor español (1956 - )


martes, 14 de febrero de 2012

LOVE IS IN THE AIR

Hoxe é o día máis romántico de ano, por iso queremos contribuir a espallar máis amor polo mundo con esta selección de libros que podedes atopar na Biblioteca. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...
















lunes, 13 de febrero de 2012

METAMORFOSIS EN EL CIELO, DE MATHIAS MALZIEU

Hai poucos libros dos que se poida dicir "están cheos de maxia". Os de Mathias Malzieu encóntranse entre eles.

Sen dúbida, Tom Cloudman é o peor acróbata do mundo. Non obstante, as súas actuacións de acrobacia aérea, que sempre acaban resultando involuntariamente cómicas, lánzano á gloria. Pero un día, despois de sufrir a súa enésima fractura, un médico detéctalle por casualidade unha enfermidade incurable.

Tom empeza unha longa estanza hospitalaria para intentar acabar co que el denomina "a remolacha". Durante un dos seus paseos nocturnos polos corredores do hospital, o home, que sempre soñou con poder volver voar algún día, encóntrase cunha estraña criatura, medio paxaro medio muller, que lle propón o seguinte pacto: "Eu podo converterte en paxaro e curarte da túa enfermidade, aínda que terías que asumir todas as consecuencias. Para activar a túa metamorfose, primeiro tes que facerme o amor, pero ademais tes que saber que froito da nosa unión nacerá un fillo".

Como xa é tradicional nos seus contos para nenos maiores, Mathias cóntanos a marabillosa historia dun home que quere vencer á morte e atuarse co ceo, unha fantasía coa que consegue transmitir ao lector a súa peculiar reflexión sobre o poder da vida e do amor.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MAL met novidades romántica



viernes, 10 de febrero de 2012

A CITA DA SEMANA


“Los libros se respetan usándolos, no dejándolos en paz”

Umberto Eco, escritor (1932 - )


(Grazas a Iván González que nos enviou esta frase)

jueves, 9 de febrero de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos o obradoiro "Facendo o antroido" con Cucarandainas

Obradoiro de manualidades onde dunha forma creativa e instrutiva, fomentarase a creatividade e o desenrolo da comprensión espacial e da motricidade

Unha actividade para nen@s de 6 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 10, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 8 de febrero de 2012

LA CONFESIÓN, DE JOHN GRISHAM

Travis Boyette é un asasino. En 1998, nunha pequena cidade de Texas, raptou, violou e estrangulou unha das rapazas máis guapas e máis populares do instituto. Enterrou o cadáver nun lugar onde ninguén o encontraría nunca e logo esperou. Observou impasible mentres a policía detiña a Donté Drumm, a estrela do equipo de fútbol que nada tivera que ver co crime.

Donté foi acusado, declarado culpable e condenado a morte. Agora transcorreron nove anos e só faltan catro días para a execución de Donté. En Kansas, a máis de seiscentos quilómetros do cárcere, Travis tamén se enfronta ao seu destino: un tumor cerebral que lle deixa moi pouco tempo de vida. Decide facer o correcto por primeira vez: vai confesar. Pero será capaz un home culpable de convencer os avogados, os xuíces e os políticos de que están a punto de executar un home inocente?



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N GRI con novidades intriga e misterio


martes, 7 de febrero de 2012

OS GAÑADORES DA FASE PROVINCIAL DO CERTAME DE POESÍA "NADAL 2011"

Hai uns días coñecíamos aos gañadores da Fase Local do Certame de Poesía "Nadal 2011", e hoxe traemos aos gañadores e accésits da Fase Provincial. Estes son:




Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - Saray López Coto (8 anos) (Biblioteca Pública de Ribadeo)

2º premio - Sonia González Cuesta (7 anos) (Biblioteca de Foz)

3º premio - Matías Prieto Cabaleiro (7 anos) (Biblioteca de Foz)

Accésits:

Uxía Pacín García (8 anos) (Biblioteca de Antas de Ulla)

Jorge Estraviz Cerdeira (8 anos) (Biblioteca Nodal de Lugo)


Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Alejandro López Peña (9 anos) (Biblioteca de Ribadeo)

2º premio - Saleta Martínez Tella (9 anos) (Biblioteca de Ribadeo)

3º premio - Yago Montero Gradaílle (9 anos) (Biblioteca de Burela)

Accésits:

Laura Fernández Alonso (10 anos) (Biblioteca da Fonsagrada)

Adrián Estraviz Cerdeira (11 anos) (Biblioteca Nodal de Lugo)


Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio - Mª Elena López González (16 anos) (Biblioteca Nodal de Lugo)

2º premio - Codés Lillo Irimia (14 anos) (Biblioteca de Lourenzá)

3º premio - Ángela Torviso Fernández (15 anos) (Biblioteca de Ribadeo)

Accésits:

Elisa Vilaseca Esaverdeiro (13 anos) (Biblioteca de Barreiros)

Ánxela Jorge Vidal (12 anos) (Biblioteca de Sober)


A entrega de premios terá lugar o día
15 de Febreiro, ás 18:00 h. no Salón de Actos

Noraboa a todos!!


lunes, 6 de febrero de 2012

A SALA INFANTIL AMPLIA O SEU HORARIO

Porque queremos que os pais teñades máis posiblidades de vir cos vosos nenos, e sabemos que as veces non é doado sacar un oco para levar os nenos á biblioteca. E tamén, para todos eses adultos que disfrutan cun bó álbum ilustrado ou con algunha novela xuvenil ;) Para que o teñades máis fácil, a sala infantil abre dende hai uns días co mesmo horario que o resto da biblioteca: 

Luns a venres: de 9:00 a 21:00
Sábados: de 10:00 a 14:00

Agardamos as vosas visitas!


viernes, 3 de febrero de 2012

A CITA DA SEMANA


“Los libros tienen su orgullo: cuando se prestan, no regresan nunca”

Theodor Fontane, novelista e poeta alemán (1819 - 1898)


jueves, 2 de febrero de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de narración con Raquel Queizás e os seus "Nanacontos"

Para os nosos amigos os animais cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender mentres xogan cas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno as cousas máis sinxelas convértense en todo un reto.

Reinventan o mundo cunha ollada que o ve todo por primeira vez, sorprendéndose a cada paso e aprendendo novos nomes para os obxetos que acaban de descubrir.

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicimotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 3, ás 18:00 h. na Sala de actividades


miércoles, 1 de febrero de 2012

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Sodes dos que vos gusta aprender lendo un libro? Que andan a buscar novas receitas? Que queren aprender novos programas de ordenador? Pois aquí están as últimas novidades de non-ficción. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí