martes, 31 de enero de 2012

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Novidades, novidades e máis novidades!! Non sabedes cal será a vosa primeira lectura neste novo ano?? Aquí, unhas cantas suxerencias de todo o novo que chegou á Biblioteca. Premede nas imaxes para ver os rexistros do noso catálogo...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


lunes, 30 de enero de 2012

MRS. HEMINGWAY EN PARÍS, DE PAULA McLAIN

Hadley Richardson vivía no Chicago de 1920 unha existencia sen privacións, pero afastada do amor e a felicidade. Ata que coñeceu a Ernest Hemingway. 


Quedou cativada pola enerxía e ambicións que desbordaba. A súa vida cambiou para sempre. Despois dun breve noivado, converteuse na súa primeira esposa. Trasladáronse a París, onde foron moi pobres, pero moi felices frecuentando o círculo de artistas formado por Francis Scott e Zelda Fitzgerald, Gertrude Stein, Ezra Pound, aquela xeración perdida que encontrara refuxio en París. Aínda que profundamente namorados, a parella non estaba preparada para soportar o ambiente daquel París tolo e cheo de glamour que quería esquecer os desastres da Gran Guerra. As festas continuas naquela era do jazz, os excesos do alcohol, os faladoiros enxeñosos, non eran o máis axeitado para a fidelidade e a vida familiar. 


Sempre rodeado de atractivas mulleres e egos artísticos rivais, Ernest loitaba e empezaba a encontrar a voz que lle deu un lugar privilexiado na historia das letras. Pero todo foi a custa de sacrificar a súa relación con Hadley e o fillo de ambos os dous. O rol de Hadley como esposa, amiga e musa estaba en perigo. Loitou contra os celos e a inseguridade en si mesma, pero o seu matrimonio xa estaba abocado á súa crise definitiva; un desengano que rematou botando por terra todo polo que loitaran xuntos. 


Mrs. Hemingway en París; é unha historia de amores e traizóns de dous seres inesquecibles. Pero tamén é un fresco de toda unha época na que París foi escenario dun dos momentos máis alegres, ricos e creativos da historia da cultura.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MCL mrs novidades biográfica



viernes, 27 de enero de 2012

THE FANTASTIC FLYING BOOKS OF Mr. MORRIS LESSMORE

Ese é o título desta maravillosa curta de animación cos libros coma protagonistas. Está nominado aos Oscars 2012, e damos fe de que o merece. Una verdadeira obra de arte para calquer amante dos libros. Botádelle un vistazo e opinade vós mesmos...



jueves, 26 de enero de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos un interesante obradoiro con Yincana de reciclaxe "Reducir, reutilizar e reciclar"

Cómo debemos reciclar?, Qué podemos reutilizar? e por qué?. Reducir? Qué hai que reducir para non contaminar máis?.

Unha actividade para nen@s de 6 a 14 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (20 prazas)

Mañá, venres 27, ás 18:00 h. na Sala multiusos 


miércoles, 25 de enero de 2012

NOVO CURSO: OFIMÁTICA BÁSICA PARA ADULTOS

Comezamos o 2012 cun novo curso: Ofimática básica para adultos


O curso ten como obxectivos aprender o manexo básico do sistema operativo Windows e do programa de edición de texto Suit Openoffice.

Terá lugar do 13 ao 16 de Febreiro,  de 17:30 a 19:30 h., cunha duración de 8 horas (sesións de 2 horas).

Hai 15 prazas dispoñibles, e terán preferencia os socios da Biblioteca. A inscrición pode realizarse na propia Biblioteca ou ben enviando a solicitude (descargar aquí) por correo electrónico á seguinte dirección:

 biblio.publica.lugo@xunta.es

No caso de querer participar co seu propio ordenadorl, ten que ter como requisitos mínimos: Windows 7, Wi-Fi e Openoffice instalado. As persoas que o traian deberán avisar antes.

martes, 24 de enero de 2012

CONTACONTOS MULTILINGÜES

Dentro da nova programación para 2012, a Biblioteca quere propoñer unha nova actividade: os contos multilíngües!

E en que consisten estes contos? Pois son sesións de contacontos, en 5 idiomas diferentes: galego, castelán, inglés, francés e linguaxe de signos.

Queremos saber se estades interesados en participar desta nova actividade, así que podedes inscribirvos de forma presencial na Biblioteca ou ben enviado a solicitude (descargar aquí) por correo electrónico a seguinte dirección:

biblio.publica.lugo@xunta.es

En caso de que esteades interesados, a sesión de contacontos será en Febreiro (xoves) ou Marzo (venres), dependendo do número de solicitudes.

A data definitiva anunciarase en todas as nosas páxinas (web, facebook, blog, twitter) e na biblioteca.

lunes, 23 de enero de 2012

POESÍAS GAÑADORAS DO CERTAME "NADAL 2011"

Comenzamos a semana coas poesías gañadoras da Fase Local do Certame de Poesía "Nadal 2011". Nove nenos que conseguiron plasmar en palabras o significado do Nadal...

viernes, 20 de enero de 2012

XA TEMOS AOS GAÑADORES...

... da Fase Local do Certame de Poesía "Nadal 2011". Aquí tedes os nomes dos nen@s gañadores nas diferentes categorías:




Categoría A (ata 8 anos)

1º premio - Jorge Estraviz Cerdeira con "Eu quero" (8 anos)

2º premio - Aroa López Saavedra con "Xa chegou o Nadal" (7 anos)

3º premio - Nahir Armesto Pallares con "Cando chega o Nadal" (6 anos)


Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio - Adrián Estraviz Cerdeira con "Oxalá" (11 anos)

2º premio - María Lage Díaz con "Un menú especial" (11 anos)

3º premio - César Pico Ferreirós con "O sorriso do neno" (11 anos)


Categoría C (de 12 a 16 anos)

1º premio - Mª Elena López González con "Agardareite" (16 anos)

2º premio - Andrea Pérez Rodríguez con "Máxica Navidade" (13 anos)

3º premio - Helena Aurora Risco Montero con "O Nadal" (12 anos)


A entrega de premios terá lugar o día
25 de Xaneiro, ás 18:00 h. no Salón de Actos

Noraboa a todos!!


jueves, 19 de enero de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de narración con Sherezade Bardaji "O sorriso de Daniela"

As cores desta historia mestúranse cas verbas, cos personaxes que están a aparecer. Convertendo o sorriso de Daniela en bolboreta, en raio de sol... para facelo voar, e que chegue ata nos.

Unha actividade para nen@s de 4 a 7 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 20, ás 18:00 h. na Sala de actividades


miércoles, 18 de enero de 2012

A CITA DA SEMANA


“Hay cuatro cosas viejas que son buenas: viejos amigos para conversar, leña vieja para calentarse, viejos vinos para beber y viejos libros para leer”

Émile A. Faguet, crítico literario francés (1847 - 1916)

martes, 17 de enero de 2012

A LEGO-BIBLIOTECARIA



lunes, 16 de enero de 2012

EL LIBRO DE LAS ALMAS, DE GLENN COOPER

A nova novela do autor de "La biblioteca de los muertos" formula un novo e aínda máis estremecedor reto: Encontrar un libro que revela o destino ultimo da humanidade.

Que farías se coñeceses a data do fin do mundo? Cando un home ás portas da morte encarga a Will Piper a busca dun libro, o ex axente do FBI non o dubida un instante.

Un libro antigo no que vai descubrir un segredo estremecedor: unha misteriosa epístola escrita por Félix, o último superior da abadía de Vectis, deixa constancia dos estraños acontecementos relacionados coa biblioteca dos mortos e revela a natureza da última data rexistrada: o 9 de febreiro de 2027...el fin da humanidade. Will deberá enfrontarse, entón, a un dilema moral de difícil solución: revelar á humanidade unha verdade aterradora ou calar para sempre.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N COO lib novidades intriga e misterio




viernes, 13 de enero de 2012

A VIDA NOCTURNA DOS LIBROS




jueves, 12 de enero de 2012

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos sesión de animación á lectura con Fátima Fernández "Bicos, bicos"

Un bico, dous bicos, tres bicos... Imos repartir un montón de bicos!! Unha actividade para promocionar a lectura.

Unha actividade para nen@s de 5 a 12 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 13, ás 18:00 h. na Sala de actividades


miércoles, 11 de enero de 2012

O LIBROEXPRESS

¿E que é isto do LibroExpress? Pois é unha máquina sita na estación de cercanías de Sol, en Madrid, que ten como obxectivo facilitar a lectura aos cidadáns, unha nova iniciativa do Plan de Lectura da Comunidade de Madrid. 

Tan só con un DNI electrónico, o carné da rede de bibliotecas madrileñas ou o carné do Bibliometro, calquera pode levar en préstamo algún dos 80 títulos dispoñibles na máquina expendedora, os máis demandados nas bibliotecas e as últimas novidades editoriais. Polo momento leva funcionando 5 meses, foi usada por 2.212 personas e distribuiu 4.764 exemplares. Parece que a xente recibe cos brazos abertos estas novas iniciativas, que facilitan o acceso a lectura a todos os cidadáns, 24 horas ao día.



martes, 10 de enero de 2012

LA CASA QUE AMÉ, DE TATIANA DE ROSNAY

París, década de 1860. A cidade está en pleno proceso de cambio, abandonando o París medieval para dar paso ao París moderno e urbano. O barón Haussmann, prefecto da cidade, por encarga do emperador Napoleón III levará a cabo as grandes ideas e estratexias desta radical reforma.

Cando Rose casou con Armand Bazelet sabía que se unía ao home da súa vida. A súa longa unión foi algo fermoso e inquebrantable. Pero hai dez anos que Armand xa non está. E a Rose tan só quédalle a casa, a casa onde naceu Armand, e o seu pai, e o pai do seu pai. A casa da rúa Childebert, antiga e robusta, só habitada por xeracións de Bazelet, que albergou moita felicidade e tamén tristuras, e un terrible segredo xamais confesado. E quédanlle os seus veciños, entre eles a moza Alexandrine, capaz de atordar e reavivar a Rose coa súa forte personalidade, as súas maneiras modernas e rotundas e o seu sincero afecto.

Por iso, cando unha carta con remite "Prefectura de París. Concello" anúncialle que a súa casa e todas as da rúa serán expropiadas e derrubada para continuar a prolongación do bulevar Saint-Germain, seguindo os plans de remodelación da cidade de París do barón Haussmann, Rose só sabe unha cousa: tal como prometeu o seu marido, xamais abandonará a casa.

Co pano de fondo da convulsa Francia do século XIX, Tatiana de Rosnay desenvolve un delicioso e conmovedor retrato dun mundo que xa non existe, de rúas á medida do home que albergan persoas que se relacionan, que desempeñan os seus oficios uns preto doutros, que se enfrontan e que se apoian. Un libro inestimable que fai reflexionar sobre o que a modernidade, no seu necesario avance de progreso e melloras, arrastra e relega ao esquecemento. Pouco estaremos a avanzar se, no camiño, ignoramos a alma das cousas.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ROS cas novidades histórica




lunes, 9 de enero de 2012

A CITA DA SEMANA


"No hay dos personas que lean el mismo libro"

Edmund Wilson, Cantante y actor de cine



AVISO: VOLTAMOS AO NOSO HORARIO


Dende hoxe, voltamos ao noso horario habitual:

Luns a venres: de 9:00 a 21:00 horas
Sábados: de 10:00 a 14:00 horas

jueves, 5 de enero de 2012

LA CASA DEL VIENTO, DE TITANIA HARDIE

San Francisco, 2007. Madeline Moretti chora a perda do seu prometido. Ante o seu desconsolo, a súa avoa regálalle unha viaxe á Toscana, de onde procede a súa familia. Alí Maddie descobre unha casa en ruínas. Destruída hai séculos durante unha lendaria tormenta na véspera de Santa Inés, dende entón coñéceselle como a Casa ao Vento, a Casa do Vento.

Toscana, 1347. Mia vive en silencio dende a morte da súa nai. Reside coa súa tía nunha vila que acolle peregrinos de paso. Unha noite de tormenta, unha parella busca refuxio nela. Mia queda embelesada ante a beleza e a sinxeleza da nova noiva, pero non entende por que manteñen os seus nomes en segredo. De onde proceden? E cal é a súa historia?

Aínda que varios séculos as separen, tanto Maddie coma Mia intentan encontrar o seu propio camiño. Descubrirano grazas á moza que saíu indemne das ruínas da Casa do Vento.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N HAR cas novidades intriga e misterio




miércoles, 4 de enero de 2012

AVISO: HORARIO SÁBADO 7 DE XANEIRO


Este sábado 7 de Xaneiro, 
a biblioteca permanecerá aberta no seu horario habitual,
de 10 a 14 horas

martes, 3 de enero de 2012

O PRIMEIRO TRAILER DE "EL HOBBIT"

Aquí tedes uns dos trailers máis agardados, a adaptación da novela de Tolkien "El Hobbit". Iredes ao cine a vela??

lunes, 2 de enero de 2012

EL TEMOR DE UN HOMBRE SABIO, DE PATRICK ROTHFUSS

O home desaparecera. O mito non.

Músico, mendigo, ladrón, estudante, mago, moinante, heroe e asasino, Kvothe borrara o seu rastro. E nin sequera agora que o encontraron, nin sequera agora que as tebras invaden os cantos do mundo, está disposto a regresar. 
Pero a súa historia prosegue, a aventura continúa, e Kvothe seguirá contándoa para revelar a verdade tras a lenda.

Todos os lectores que se deixaron cativar pola maxia de "Ell nombre del viento" ansiaban ler esta novela: "El temor de un hombre sabio", o segundo día da historia de Kvothe. A espera rematou, e pagou a pena.

Comeza o segundo día, e Kvothe -heroe e vilán de miles de historias que circulan entre a xente- retoma a súa narración no punto onde a deixou ao final del nome do vento: na Universidade. De alí deberá partir en busca do nome do vento e de fortuna, detrás desas historias escondidas en libros poeirentos ou que se relatan xunto a unha cacharela no camiño ou nunha taberna, e que cada vez o achegan máis ao día en que poderá vingarse dos Chandrian.

Unha formidable narración que voa ao máis alto da literatura fantástica para atrapar tanto aos esixentes afeccionados ao xénero coma aos lectores que simplemente busquen perderse nunha historia escrita con mestría, que sorprende e emociona..



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ROT tem novidades fantasía