jueves, 14 de junio de 2012

Mañá na Biblioteca...



Temos teatro con Migallas e "Camiño de historias"

Un espectáculo constituído por varias historias de tradición oral procedentes de diversos continentes e enlazadas mediante cancións e ditos populares. Cada relato é tratado dun xeito diferente combinando a narracíon con técnicas de expresión plástica e dramática. Así pois, nuns prima a palabra, noutros, as imaxes e noutros recupérase a arte dos actores e contadores ambulantes das feiras de antano. Maila ser tradicionais, os contidos que tratan estas historias son actuais e próximos ós nenos e nenas: os rapaces consentidos polos pais, o afán de posuir xoguetes e lambonadas, o valor da humisdade e da honradez, o ritmo das estacións e o ciclo da vida, a importancia da música e da festa, etc....


Un espectáculo para todos os públicos

Mañá, venres 15, ás 18:00 h. no Salón de Actos

No hay comentarios: