viernes, 1 de junio de 2012

Entra en mi vida, de Clara Sánchez

Nos anos oitenta, cando Verónica ten 9 anos, descobre na vella carteira do seu pai a fotografía dunha nena que xamais viu antes, unha foto acerca da cal a súa intuición lle di que mellor non preguntar. Vivíu toda a súa vida coa percepción de que, tras a tristura da súa nai, as discusións e os silencios na casa, había algo do que ninguén parecía querer falar. Anos despois, a morte da nai enfronta a unha Verónica adolescente cun pasado do que descoñece case todo, un pasado roubado que a achega máis e máis a esa nena da fotografía, nunha busca sen retorno cuxo fin Verónica está moi lonxe de imaxinar. Un gran segredo e unha vida perdida guiarán a Verónica na carreira cara a unha verdade difícil de desentrañar e que se empeza a revelar como moi perigosa.

Dous anos despois do Premio Nadal e tras o seu grande éxito tanto en España coma a nivel internacional, chega a nova novela de Clara Sánchez.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SAN ent novidades




No hay comentarios: