lunes, 7 de mayo de 2012

¿Queres un e-reader?


Pois a partires de hoxe podes levarte un da Biblioteca! O préstamo destes aparellos forma parte dun proxecto do Ministerio de Cultura do que estamos encantados de formar parte.

En total temos dispoñibles 39 dispositivos de lectura (e-readers): 34 para prestar a domicilio, e 5 para a consulta na propia biblioteca.

E qué podes atopar nestes lectores de libros electrónicos? Pois un total de 957 títulos, en inglés e castelán, na súa maioria clásicos xa libres de dereitos de autor. Ademáis de ler, estes dispositivos permiten subliñar e buscar palabras do propio texto no dicionario que inclúe.

Para poder argallar cun destes dispositivos tan só hai que ser socio da Biblioteca e maior de idade, e poderás desfrutar del o mesmo que un libro normal: 15 días, renovables por outros 15.

Con este servizo preténdese familiarizar aos lectores co uso destes dispositivos, que xa empregan un 5,3% os españois, apostando polas novas tecnoloxias xa que a irrupción do libro electrónico é imparable. Así, na última Feira de Frankfurt efectuouse unha enquisa a 1000 expertos do sector editorial de 30 paises diferentes, os que concluíron que no 2018 a edición dixital superará a edición clásica. Segundo a tese de Peter Brantley “é un xeito de salvalos e preservalos para xeneracións futuras”.


No hay comentarios: