viernes, 11 de mayo de 2012

La librería de las nuevas oportunidades, de Anjali Banerjee

Había unha vez unha vella libraría na pequena e chuviosa illa de Shelter Island.

A ese lugar tan especial, onde os libros parecen ter vida propia, chega un día Jasmine, disposta a facerse cargo do negocio mentres a propietaria, a súa tía Ruma, viaxa á India para curar o seu corazón canso.

Soa no medio do po e a desorde, a moza intenta dar un toque de modernidade ao local, colocando títulos novos e rechamantes no escaparate, pero moi pronto os clásicos de sempre impoñen a súa presenza, e os autores vivos e mortos voan polos estantes deixando oír a súa voz.

Así Jasmine volve descubrir a Shakespeare e a Edgar Allan Poe, e non só iso: a rapaza aprende a escoitar os seus clientes, a comprender o que de verdade buscan nunha novela ou nun manual de cociña, e acabará encontrando o home con quen compartir todos os libros da súa vida.

A libraría das novas oportunidades é á vez unha fábula romántica e unha homenaxe á boa literatura porque a miúdo é aí, nas páxinas amarelentas dun libro esquecido, onde están as palabras que poden cambiar a nosa vida.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N BAN lib novidades romántica




No hay comentarios: