lunes, 9 de abril de 2012

LAS REGLAS DEL JUEGO, DE DANIEL SILVA

Gabriel Allon é un veterano espía que vive case retirado, dedicado á restauración de obras de arte para o Vaticano. Pero a violenta morte dun xornalista farao volver entrar en acción e regresar á Rusia postcomunista, onde a corrupción e as mafias dominan o poder económico e político.

Neste ambiente de tensión e violencia, o Mossad e a CIA descobren que un poderoso traficante de armas ruso está a punto de realizar unha entrega a Al Qaeda que podería provocar unha sanguenta ondada de atentados a escala mundial.

Ante esta perspectiva, as axencias de intelixencia occidentais poñen en marcha un dispositivo para tratar de evitar o desastre, e Gabriel Allon verase pronto á fronte da operación. Aínda que é un hábil e experimentado axente secreto, Gabriel deberá moverse agora con coidado, nun taboleiro de xogo no que non pode permitirse nin un só erro, xa que esta vez as regras do xogo as escribiron os seus adversarios.

Na súa nova novela, Daniel Silva volve somerxernos nun trepidante e imparable thriller que nos levará dende San Petersburgo ata a Casa Branca, unha carreira contra o reloxo que manterá en vino ao lector ata a última páxina. Unha vez empeces, non poderás parar de ler.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SIL reg novidades intriga e misterio



No hay comentarios: