martes, 24 de abril de 2012

El lenguaje de las flores, de Vanessa Diffenbaugh

Inspirándose no sofisticado código que a sociedade vitoriana utilizaba para expresar sentimentos por medio das flores, Vanessa Diffenbaugh narra a viaxe emocional dunha moza californiana que, marcada por unha dolorosa historia persoal, encontra nesta peculiar linguaxe o medio para recuperar a súa capacidade de confiar e amar os seus semellantes. Recibida con entusiasmo pola crítica e os lectores -en Italia vendéronse máis de 400 mil exemplares-, a novela publicarase en trinta e seis idiomas.

Aos dezaoito anos, tras unha vida entrando e saíndo de numerosos fogares de acollida e pisos tutelados, Victoria Jones está obrigada a emanciparse por lei. Converteuse nunha moza introvertida e arisca, e só na súa paixón polas flores se enxerga un camiño de salvación. Finalmente, tras encontrar traballo nunha floraría, crúzase cun mozo a quen coñeceu dez anos antes, durante a época en que viviu na casa de Elizabeth, unha nai de acollida que lle ensinou a linguaxe das flores. O misterioso mozo coñece un segredo que atormenta a Victoria, aínda que só ela pode arranxar contas co pasado. 



Así, Victoria, que é capaz de expresar os sentimentos dos clientes con fermosos ramos, deberá aprender a interpretar as súas propias emocións, o único xeito de desfacerse do enorme peso que arrastra dende nena e que lle impide encontrar a felicidade.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DIF len novidades vida cotiá



No hay comentarios: