viernes, 2 de marzo de 2012

LOS NOMBRES, DE DON DELILLO

James Axton, un analista de risco estadounidense que traballa para unha multinacional, percorre o Mediterráneo e Oriente Medio redactando informes acerca dos conflitos políticos e económicos da zona. Estamos a finais da década de 1970. É a época da Revolución islámica en Irán, os secuestros terroristas e o petróleo hostil.

Nunha illa do Exeo, Axton ten noticia dun asasinato que apunta a unha estraña seita de culto á linguaxe. Fascinado por esta violencia ritual, obsesiónase en encontrar unha explicación. A súa busca lévanos ata os límites da linguaxe e a cultura, nun crebacabezas cuxa solución se encontra nas palabras. Neste thriller exótico, paranoico e político, Don DeLillo mostra unha vez máis o seu poder visionario para definir o noso mundo.

Nun ámbito de inestabilidade, fronte á ameaza individual e o medo colectivo, DeLillo invita ao lector a emprender unha busca de significado na nosa historia e linguaxe.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N DEL nom novidades

No hay comentarios: