lunes, 19 de marzo de 2012

DIARIO DE INVIERNO, DE PAUL AUSTER

Auster volve a mirada sobre si mesmo e parte da chegada dos primeiros sinais da vellez para rememorar episodios da súa vida. E así, se suceden as historias: un accidente infantil mentres xogaba ao béisbol, o descubrimento do sexo, as masturbacións adolescentes e a primeira experiencia sexual cunha prostituta, un accidente de coche no que a súa muller resulta ferida, unha presentación en Arles acompañado polo seu admirado Jean-Louis Trintignant, a estanza en París, unha longa lista comentada dos 21 cuartos nas que viviu ao longo da súa vida ata chegar á súa actual residencia en Park Slope, os seus ataques de pánico, as viaxes, os paseos, a presenza da neve, o paso e a ferida do tempo...

Se "La Invención de la Soledad" se centraba no figura do seu pai, nesta ocasión repasa outros episodios vitais dedicando as súas emotivas páxinas á súa nai, ao seu divorcio e á enfermidade terminal que acabou coa súa vida, sumíndoo nunha profunda crise, e á conflitiva relación que mantivo coa súa primeira muller, a escritora Lydia Davis. Diario de Inverno aborda igualmente outros fitos vitais como a súa participación as súas protestas contra a guerra de Vietnam.

Unha virtuosa síntese de novela e biografía construída coa paixón, a desbordante creatividade literaria e a exemplar viveza da prosa que son xa os sinais de identidade deste escritor amado polos lectores e admirado pola crítica. En definitiva, un maxistral autorretrato.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: OX AUS dia novidades


No hay comentarios: