martes, 13 de marzo de 2012

AÑOS LENTOS, DE FERNANDO ARAMBURU

A finais da década dos sesenta, o protagonista, un neno de oito anos, vaise a San Sebastián a vivir cos seus tíos. Alí é testemuña de como transcorren os días na familia e o barrio: o seu tío Vicente, de carácter débil, reparte a súa vida entre a fábrica e a taberna, e é a súa tía Maripuy, muller de forte personalidade pero sometida ás convencións sociais e relixiosas da época, quen en realidade goberna a familia; a súa prima Mari Nieves vive obsesionada polos rapaces, e o fusco e taciturno primo Julen é adoutrinado polo cura da parroquia para rematar enrolado nunha incipiente ETA.

O destino de todos eles -que é o de tantos personaxes secundarios da Historia, acantoados entre a necesidade e a ignorancia- sufrirá, anos despois, un caneo.

Alternando as memorias do protagonista cos apuntamentos do escritor, "Años lentos" ofrece ademais unha brillante reflexión sobre como a vida se destila nunha novela, como se transvasa o recordo sentimental en memoria colectiva, mentres a súa escritura diáfana deixa ver un fondo turbio de culpa na historia recente do País Vasco.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ARA año novidades vida cotiá


No hay comentarios: