lunes, 13 de febrero de 2012

METAMORFOSIS EN EL CIELO, DE MATHIAS MALZIEU

Hai poucos libros dos que se poida dicir "están cheos de maxia". Os de Mathias Malzieu encóntranse entre eles.

Sen dúbida, Tom Cloudman é o peor acróbata do mundo. Non obstante, as súas actuacións de acrobacia aérea, que sempre acaban resultando involuntariamente cómicas, lánzano á gloria. Pero un día, despois de sufrir a súa enésima fractura, un médico detéctalle por casualidade unha enfermidade incurable.

Tom empeza unha longa estanza hospitalaria para intentar acabar co que el denomina "a remolacha". Durante un dos seus paseos nocturnos polos corredores do hospital, o home, que sempre soñou con poder volver voar algún día, encóntrase cunha estraña criatura, medio paxaro medio muller, que lle propón o seguinte pacto: "Eu podo converterte en paxaro e curarte da túa enfermidade, aínda que terías que asumir todas as consecuencias. Para activar a túa metamorfose, primeiro tes que facerme o amor, pero ademais tes que saber que froito da nosa unión nacerá un fillo".

Como xa é tradicional nos seus contos para nenos maiores, Mathias cóntanos a marabillosa historia dun home que quere vencer á morte e atuarse co ceo, unha fantasía coa que consegue transmitir ao lector a súa peculiar reflexión sobre o poder da vida e do amor.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MAL met novidades romántica



No hay comentarios: