lunes, 30 de enero de 2012

MRS. HEMINGWAY EN PARÍS, DE PAULA McLAIN

Hadley Richardson vivía no Chicago de 1920 unha existencia sen privacións, pero afastada do amor e a felicidade. Ata que coñeceu a Ernest Hemingway. 


Quedou cativada pola enerxía e ambicións que desbordaba. A súa vida cambiou para sempre. Despois dun breve noivado, converteuse na súa primeira esposa. Trasladáronse a París, onde foron moi pobres, pero moi felices frecuentando o círculo de artistas formado por Francis Scott e Zelda Fitzgerald, Gertrude Stein, Ezra Pound, aquela xeración perdida que encontrara refuxio en París. Aínda que profundamente namorados, a parella non estaba preparada para soportar o ambiente daquel París tolo e cheo de glamour que quería esquecer os desastres da Gran Guerra. As festas continuas naquela era do jazz, os excesos do alcohol, os faladoiros enxeñosos, non eran o máis axeitado para a fidelidade e a vida familiar. 


Sempre rodeado de atractivas mulleres e egos artísticos rivais, Ernest loitaba e empezaba a encontrar a voz que lle deu un lugar privilexiado na historia das letras. Pero todo foi a custa de sacrificar a súa relación con Hadley e o fillo de ambos os dous. O rol de Hadley como esposa, amiga e musa estaba en perigo. Loitou contra os celos e a inseguridade en si mesma, pero o seu matrimonio xa estaba abocado á súa crise definitiva; un desengano que rematou botando por terra todo polo que loitaran xuntos. 


Mrs. Hemingway en París; é unha historia de amores e traizóns de dous seres inesquecibles. Pero tamén é un fresco de toda unha época na que París foi escenario dun dos momentos máis alegres, ricos e creativos da historia da cultura.


Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N MCL mrs novidades biográfica



No hay comentarios: