martes, 10 de enero de 2012

LA CASA QUE AMÉ, DE TATIANA DE ROSNAY

París, década de 1860. A cidade está en pleno proceso de cambio, abandonando o París medieval para dar paso ao París moderno e urbano. O barón Haussmann, prefecto da cidade, por encarga do emperador Napoleón III levará a cabo as grandes ideas e estratexias desta radical reforma.

Cando Rose casou con Armand Bazelet sabía que se unía ao home da súa vida. A súa longa unión foi algo fermoso e inquebrantable. Pero hai dez anos que Armand xa non está. E a Rose tan só quédalle a casa, a casa onde naceu Armand, e o seu pai, e o pai do seu pai. A casa da rúa Childebert, antiga e robusta, só habitada por xeracións de Bazelet, que albergou moita felicidade e tamén tristuras, e un terrible segredo xamais confesado. E quédanlle os seus veciños, entre eles a moza Alexandrine, capaz de atordar e reavivar a Rose coa súa forte personalidade, as súas maneiras modernas e rotundas e o seu sincero afecto.

Por iso, cando unha carta con remite "Prefectura de París. Concello" anúncialle que a súa casa e todas as da rúa serán expropiadas e derrubada para continuar a prolongación do bulevar Saint-Germain, seguindo os plans de remodelación da cidade de París do barón Haussmann, Rose só sabe unha cousa: tal como prometeu o seu marido, xamais abandonará a casa.

Co pano de fondo da convulsa Francia do século XIX, Tatiana de Rosnay desenvolve un delicioso e conmovedor retrato dun mundo que xa non existe, de rúas á medida do home que albergan persoas que se relacionan, que desempeñan os seus oficios uns preto doutros, que se enfrontan e que se apoian. Un libro inestimable que fai reflexionar sobre o que a modernidade, no seu necesario avance de progreso e melloras, arrastra e relega ao esquecemento. Pouco estaremos a avanzar se, no camiño, ignoramos a alma das cousas.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N ROS cas novidades histórica




No hay comentarios: