miércoles, 30 de noviembre de 2011

JOSÉ LUIS SAMPEDRO, PREMIO NACIONAL DAS LETRAS


O afamado escritor José Luis Sampedro foi galardoado có Premio Nacional das Letras 2011. Según o Ministerio de Cultura, quen concede este premio, é «unha referencia intelectual e moral de primeiro orde na España da segunda mitade do século XX». Ademáis de escritor, ocupa o sillón da letra F da Real Academia Española e é autor dunha extensa bibliografía económica, xa que foi catedrático de estructura económica na universidade. Entre as súas obras máis coñecidas destacan "La vieja sirena", "El amante lesbiano" ou "La sonrisa etrusca". Estes son algúns dos seus libros que podedes atopar na biblioteca..









martes, 29 de noviembre de 2011

O FADO, PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE

Este famosísimo estilo musical dos nosos veciños de Portugal foi nomeado hai uns días Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Xunto ao flamenco que xa leva un tempo gozando desta categoría, únense tamén os mariachis mexicanos. Toda unha mestura de estilos...
Para os que queiran coñecer mellor esta música, aqui tedes unha selección de cd's que podedes atopar na Biblioteca. Esperamos que disfrutedes...
















lunes, 28 de noviembre de 2011

EMILIO URBERUAGA, PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2011

Este ano o gañador do Premio Nacional de Ilustración recaeu no debuxante Emilio Urberuaga, que comenzou a súa andadura como ilustrador alá polo ano 1982. Un profesional adicado a ilustración infantil, no que destaca  a sua personaxe máis famosa: Manolito Gafotas. Na biblioteca podedes atopar moitos dos libros deste ilustrador...









Aquí vos deixamos algunhas das súas ilustracións...





viernes, 25 de noviembre de 2011

CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2011"

Xa está aquí o Certame de Poesía "Nadal 2011"

Nel poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, con poemas do tema xenérico "O Nadal"Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, e os poemas deberán estar escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha sola cara.

Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos
B -- nenos de 9 a 11 anos
C --- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 23 de decembro, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Un xurado escollerá os traballos premiados, cun máximo de tres por categoría, e os gañadores recibirán cadanseu diploma e lote de libros. O fallo do xurado faráse público na primeira quincena de xaneiro de 2012.


Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

jueves, 24 de noviembre de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de narración para os máis pequenos con Raquel Queizás e os seus "Nanocontos"


Para os nosos amigos os animais cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender mentres xogan cas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno as cousas máis sinxelas covértense en todo un reto

Reinventan o mundo cunha ollada que o ve todo por primeira vez, sorprendéndose a cada paso e aprendendo novos nomes para os obxetos que acaban de descubrir.

Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese.

Unha actividade para nen@s de 0 a 3 anos

Xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 25, ás 18:00 h. na Sala de actividades


miércoles, 23 de noviembre de 2011

TIEMPO DE ARENA, DE INMA CHACÓN

No leito de morte, María Francisca, membro dunha nobre familia de Toledo, clama desesperadamente polos seus fillos. A tensión é enorme: ninguén dos presentes coñecía que a moza tivese tido descendencia. A súa nai nega as súas palabras, pero as súas tías non deixarán de preguntarse que hai de verdade nelas.
Comeza así unha apaixonante inmersión na historia das mulleres Camp de la Cruz, Mariana, Munda y Alejandra, herdeiras dun facendado español, e das súas irreconciliables diferenzas vitais na búsqueda da felicidade. 

A masonería feminina, a loita pola igualdade e a tradición fronte á modernidade a finais do século XIX e principios do XX son algúns dos temas que marcan este relato apaixonante que non deixará indiferente a ningún lector e que foi finalista do Premio Planeta 2011.

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CHA tie novidades vida cotiá



martes, 22 de noviembre de 2011

HOXE COMEZA O CURSO "SEGURIDADE DOS FILLOS EN INTERNET"


Dentro dos cursos gratuítos de alfabetización informacional que estamos a realizar na biblioteca, hoxe comeza "Seguridade dos fillos na internet". Cunha duración de 4 horas, e durante as tardes de hoxe e mañá, os alumnos aprenderan os riscos que poden sufrir os nenos na rede e como evitalos. Se sodes participantes, animádevos e deixade os vosos comentarios sobre o curso!

lunes, 21 de noviembre de 2011

NO CLUB DE LECTURA ESTÁN A LER...

"MUERTE ACCIDENTAL DE UN ANARQUISTA" DE DARIO FO

Obra de teatro, baseada nun feito real acaecido na Italia dos 60, marcada polo humor característica do autor italiano Darío Fo, quen crea situacións surrealistas e absurdas para satirizar os métodos arbitrarios que na trama utiliza a policía italiana.

"Un anarquista falece tras caer por unha ventá cando está a ser interrogado pola policía de Milán. A aparición dun tolo na comisaría, quen irá adoptando diferentes personalidades, será decisiva para a investigación dos feitos auténticos que deron lugar á morte do detido. "
Unha das mellores obras de Dario Fo, toda ela é unha sátira cómica que trata con ironía e acidez os abusos de poder, a busca da verdade, sobre os métodos da policía ao servizo da represión. En definitiva, esta obra de teatro é unha profunda reflexión sobre a corrupción e a falsidade da realidade por parte dos poderes políticos e mercantís que rexen a nosa sociedade.

A obra logra facernos rir e pensar coa comedia que nos ofrece pero tendo en conta a crítica social que representa. O que fai que sexa unha obra a ter en conta.



viernes, 18 de noviembre de 2011

OS BOOKTRAILERS DE IMPEDIMENTA

Hoxe querémosvos achegar as obras de arte en forma de "booktrailer" da editorial Impedimenta, unha pequena e coidadosa editorial, adicada dende o ano 2007 a recuperar e redescubrir obras literarias esenciais e universais. A nós encántannos estes vídeos...





jueves, 17 de noviembre de 2011

NO CLUB DE LECTURA ESTÁN A LER...

"MEMORIAS DE UN SOLTERÓN" DE EMILIA PARDO BAZÁN
"Son solteirón, e sono con deliberado propósito e case diría que por convicción relixiosa", así se describe don Mauro Pareja, protagonista de Memorias dun solteirón novela ambientada a finais de século XIX que nos introduce a través do seu protagonista na profunda transformación que está a experimentar o papel da muller na sociedade. Don Mauro cambiará por completo as súas conviccións cando coñeza a Feíta, unha moza que busca a súa liberdade a través do estudo e o traballo como profesora; unha figura que representa moitos dos ideais feministas que defendía Emilia Pardo Bazán. 

Encontrámonos ante unha novela costumista escrita coa sagacidade da autora xa en plena madureza literaria. Aínda que a trama é sinxela e áxil, neste caso, a novela a novela permítenos ver o fondo que a sustenta, a situación da muller na súa época, especialmente a das mozas que pertencen á clase media. A autora céntrase en describir e analizar as relacións entre o home, a muller e o matrimonio na España do século XIX.

Un libro que tamén podedes atopar nos estantes da biblioteca có rótulo N PAR mem. Se xa o lestes ou sodes participantes do club de lectura, agardamos os vosos comentarios sobre o libro!

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de narración con Sherezade Bardaji e "Cando sae a lúa"

"Cando sae a lúa escóitanse contos. Tamén cando sae a lúa saen sombras, escondidas na maleta. Mirade e escoitade, que o espectáculo está a punto de comezar... "

Se tes entre 3 e 12 anos, xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil
(30 prazas)

Mañá, venres 18, ás 18:00 h. na Sala de actividades

miércoles, 16 de noviembre de 2011

CENTRO DE INTERESE "CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO"

Para conmemorar o centenario do nacemento do escritor Álvaro Cunqueiro, na biblioteca podedes atopar un centro de interese con todas as súas obras e libros referentes a súa persoa. Aquí tedes o folleto con todos os libros...

martes, 15 de noviembre de 2011

A SEMANA PRÓXIMA, "SEGURIDADE DOS FILLOS NA INTERNET"



Ese é o título do próximo curso gratuíto de alfabetización informacional que daremos na biblioteca. O curso terá lugar os días 22 e 23 de novembro, de 17:00 a 19:00 h., cunha duración de 4 horas. Aínda estades a tempo de apuntarvos, descargando aquí o impreso de inscripción e enviandoo á esta dirección: biblio.publica.lugo@xunta.es

Agardamos os vosos correos!!

lunes, 14 de noviembre de 2011

COÑÉCENOS EN "AS TERMAS"


Tal e como vos comentamos a semana pasada, a partir de hoxe poderédes atoparnos no centro comercial "As Termas".

Dende o día 14 ata o 30 de novembro, na zona de descanso sita na primeira planta, ao carón dos cines, poderédes facervos socios da biblioteca, ler calquera dos libros que teremos dispoñibles, ou se xa sodes socios, levar en préstamo un libro, unha película, un cd de música, ou todo xunto!!

Estaremos a vosa disposición todas as tardes, dende as 15:00 ata as 21:00, de lúns a sábado


YO CONFIESO, DE JAUME CABRÉ

Se a tenda de antigüidades da familia é todo un universo para o neno Adrià, o despacho do pai é o centro dese universo, e o seu tesouro máis prezado un magnífico violín Storioni, en cuxo estuche aínda pódese apreciar a sombra dun crime cometido moitos anos atrás. 

A infancia e a adolescencia de Adrià, chea de preguntas sen resposta, de xogos solitarios e de falta de calor, está dedicada ao estudo da historia e das linguas, tal como quere o pai, e á práctica do violín, seguindo os desexos da nai. Pero un accidente acabará coa vida do pai, sumindo a Adrià nun estado de culpabilidade e enchendo o seu mundo de segredos e turbios misterios que tardará moitos anos en despexar.

"Non hai mal se non existe a persoa que se dedica a facelo. O mal non existe en abstracto". Estas palabras de Jaume Cabré, a gran revelación literaria de 2011, revelan o contido dunha novela ambiciosa, monumental e marabillosa que nos fala do poder, a dor e a penitencia, o mal e a redención, a vinganza, o amor, a culpa e a posibilidade do perdón, e que da man dunha escritura brillante e a través dunha impoñente historia percorre os momentos estelares da historia de Europa ao longo do século XX. Un autor comparado con Thomas Mann ou García Márquez.

Podes atopálo na biblioteca có rótulo: N CAB yoc novidades vida cotiá




viernes, 11 de noviembre de 2011

SALAMANDRA E ZORRO ROJO, PREMIO NACIONAL A MELLOR LABOR EDITORIAL


As editoriais Salamandra e Libros del Zorro Rojo foron premiadas co Premio Nacional a Mellor Labor Editorial Cultural do 2011, outorgado polo Ministerio de Cultura, e que ten como fin distinguir o conxunto da labor editorial dunha persoa física ou xurídica (neste caso dous) que destacara pola su aportación sobresaínte e innovadora á vida cultural española durante 2010. Coñecedes algún libro destas editoriais?


jueves, 10 de noviembre de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...



Temos o obradoiro "Creamos o noso zoo de insectos" con Cucarandainas

Ensinámoste a crear a túa propia colección de insectos mediante o emprego de diferentes materiais.

Se tes entre 5 e 12 anos, xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil
(20 prazas)

Mañá, venres 11, ás 18:00 h. na Sala multiusos



miércoles, 9 de noviembre de 2011

LER NO METRO TEN O SEU RISCO


martes, 8 de noviembre de 2011

A BIBLIOTECA NA CIDADE, COÑÉCEA


Porque este mes, ademáis de atoparnos no noso edificio en Ramón Ferreiro, poderédes atoparnos no centro comercial "As Termas".

Dende o día 14 ata o 30 de novembro, na zona de descanso sita na primeira planta, ao carón dos cines, poderédes facervos socios da biblioteca, ler calquera dos libros que teremos dispoñibles, ou se xa sodes socios, levar en préstamo un libro, unha película, un cd de música, ou todo xunto!!

Estaremos a vosa disposición todas as tardes, dende as 15:00 ata as 21:00, de lúns a sábado. E nuns días subiremos algúnhas fotos para que o poidades ver.

Todos sabemos que as compras son agotadoras, por iso que mellor idea que descansar un pouquiño lendo un relato corto, ou simplemente curiosear entre os nosos libros. Se vos achegades polo centro comercial As Termas, non o dubidédes e visitade a Biblioteca!


E aqui non queda a cousa, porque nos próximos meses poderédes atoparnos noutros lugares da cidade, grazas a colaboración da asociación de comerciantes LugoCentrum. Se non tés tempo de achegarte á biblioteca, nos achegámonos a tí!



lunes, 7 de noviembre de 2011

LOS ASESINOS DEL EMPERADOR, DE SANTIAGO POSTEGUILLO


Santiago Posteguillo lévanos á a brutal e tempestuosa Roma do século I d.C. onde os atemorizados cidadáns intentan sobrevivir ao reinado de Domiciano, un emperador disposto sempre a condenar á morte a calquera que puidese facerlle sombra. Neste ambiente turbulento fráguase unha conspiración para asasinalo.

A conxúra é complicada de trazar e moi perigosa para todos os implicados, entre os que se atopan Trajano e Domicia, a emperatriz, peza crave nesta conspiración. As maiores dificultades estriban en burlar a garda pretoriana. Pero un grupo de gladiadores sen nada que perder, serán os encargados de atopar a fisura. 

Trajano, primeiro emperador hispano da Historia, é coñecido sobre todo por conducir ao Imperio romano á súa máxima extensión. O que non se adoita coñecer tanto é a súa heroicidade máis valiosa: a capacidade de Trajano para sobrevivir ao reinado de Perico Flavio Domiciano, un emperador débil e paranoico sempre disposto a condenar á morte a calquera que destacase no exército ou na política. Pero que ocorreu para que Roma aceptase por emperador a alguén non nacido na mesma Roma, senón a alguén proveniente das afastadas e agrestes terras de Hispania? 

Modificar o curso da Historia é practicamente imposible. Só uns poucos atrévense a intentalo e só un entre millóns, sempre de forma inesperada para todos, é capaz de conseguilo.

Podes atopalo na bilbioteca co rótulo: N POS ase novidades histórica