lunes, 31 de octubre de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Estas son algunhas das novidades de non-ficción que agardan nos nosos andeis. Fotografía, literatura, redes sociais, psicoloxía, historia... Temas para dar e tomar!!















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


viernes, 28 de octubre de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Aquí están as últimas novidades de ficción que chegaron ata a Biblioteca. Coma sempre, unha variedade de xéneros para todos os gustos. Premendo na imaxe podedes ver o rexistro do noso catálogo. Cal será a vosa próxima lectura?
















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


jueves, 27 de octubre de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos obradoiro con Cucarandainas e "Crea formas con PlayMais"

Crea formas con pezas naturais fabricadas con millo e tinguidas con colorante alimentario, 100% ecolóxicas e biodegradables. Unha forma creativa e instrutiva, xa que fomenta de diferentes maneiras o desenrolo da comprensión espacial e da motricidades.

Se tes entre 5 e 12 anos, xa podes inscribirte no mostrador da Sala Infantil
(20 prazas)

Mañá, venres 28, ás 18:00 h. na Sala multiusos


miércoles, 26 de octubre de 2011

LOS CHICOS QUE CAYERON EN LA TRAMPA, DE JUSSI ADLER-OLSEN

A finais dos anos noventa, a policía atopa, nunha casa de veraneo no norte de Dinamarca, a dous irmáns adolescentes brutalmente asasinados. Foron golpeados, torturados e violados sen compaixón. A investigación policial apunta a que os culpables poden acharse entre un grupo de mozos de boa familia, fillos de pais exitosos, ricos, cultos. 

Con todo, o caso péchase moi pronto por falta de probas concluíntes ata que, poucos anos máis tarde, un dos sospeitosos entrégase sen razón aparente e confesa o crime. Supostamente, o misterio resolveuse. Pero entón por que os arquivos do caso aparecen vinte anos despois no despacho do inspector Carl Mørck, xefe do Departamento Q? Ao principio Mørck pensa que o caso está aí por erro, pero pronto se dá conta de que na investigación orixinal cometéronse moitas irregularidades?

Podes atopalo na Biblioteca co rótulo: N ADL chi novidades intriga e misterio




martes, 25 de octubre de 2011

COMEZA O CURSO "REDES SOCIAIS"


Como xa vos contabamos hai uns días, este ano a Biblioteca inicia uns cursos gratuítos de alfabetización informacional. E hoxe comeza o curso de "Redes sociais", que terá lugar de 17.00 a 19.00 h., durante hoxe e mañá.


Para os que non puidestes participar neste, aínda estades a tempo de apuntarvos ao de novembro, "Seguridade dos fillos na internet", que terá lugar os días 22 e 23, tamén de 17:00 a 19:00 h. Para inscribirvos, picade no menú superior do blog, onde pon "Cursos" e alí atoparedes toda a información.

Se estades a participar no curso, animarvos a deixarnos un comentario no blog, en facebook ou en twitter. Como mellor apréndese é practicando!



lunes, 24 de octubre de 2011

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!


Como xa vos comentamos o venres, hoxe celébrase o Día da Biblioteca, iniciativa da "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" no ano 1997, co patrocinio do Ministerio de Cultura e que este ano celébrase en colaboración co Goberno Vasco.

Esta celebración pretende difundir a existencia dun servicio público de proximidade ao ciudadán que contribue de maneira eficaz a facilitar ó acceso ao coñecemento a todos os ciudadáns.

Este ano a autora da ilustración é Elena Odriozola, recoñecida ilustradora, e o autor do pregón Patxi Zubizarreta (podedes ler o pregón premendo na imaxe). 

Non esquezades que durante todo o día de hoxe regalaremos un libro a todo aquel que leve o límite de préstamos do seu carné (10) ou se faga socio. Esperámosvos!


viernes, 21 de octubre de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o noso día, este luns 24 de outubro, día da Biblioteca, temos un agasallo para vos...

Todos aqueles que leven o máximo de préstamos por carnet, é dicir, 5 libros, 3 multimedia (cd's e dvd's) e 2 revistas, recibirán un libro de agasallo no mostrador de préstamos. Pode ser unha novela histórica, un libro de poesía, un conto para os máis pequenos... Será unha sorpresa!
E non creades que só haberá agasallos para os máis lectores... Todos aqueles que se acheguen á oficiña de administración e se fagan socios da biblioteca este día tamén recibirán un libro de agasallo.


Ademáis, inauguraremos unha exposición sobre a historia do libro.

¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!



O PODER DA LECTURA

jueves, 20 de octubre de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos contacontos con Servando Barreiro e "Contos e cantos do Bardo Abelardo"

O bardo Abelardo coñece as historias da fraga encantada e de todos os seres máxicos que nela habitan. Grazas ao tempo e dedicación conseguirá descifrar as misteriosas linguaxes dos seus habitantes e a máis tenra e misteriosa de todas elas, que é a linguaxe do corazon. Todo isto traducido nos contos en cantos de bardo Abelardo.

Unha actividade para nenos de 0 a 3 anos

Xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 21, ás 18:00 h. na Sala de Actividades


miércoles, 19 de octubre de 2011

JAVIER MORO, PREMIO PLANETA 2011


Javier Moro foi o gañador do Premio Planeta 2011 coa súa nova novela "El imperio eres tú". Narra a historia do Emperador do Brasil, Pedro I, que fascinou ó escritor dende o momento en que escoitou a súa historia por primeira vez. Según o autor, "era un home sen modales, que aprendeu a herrar os cabalos antes que a ler. Era colérico e pendenciero. Con todo, tamén era democrático. Nunha época de monarcas absolutos, el cría na liberdade e a Constitución". Con estes argumentos estamos seguros que é unha historia que ben vale a pena ler... 

E se queredes ler algunha das súas outras obras, aquí tedes algunhas que podedes atopar na biblioteca.




martes, 18 de octubre de 2011

OS ESCRITORES MELLOR PAGADOS DO MUNDO


Según a revista americana Forbes, estes son os autores mellor pagados do mundo. Seguro que coñecedes máis dun nome... E se queredes coñecer a súa obra, na biblioteca podedes atopar varios títulos de cada un deles.


10. Nicholas Sparks - 16 millóns de dólares
Gústanche as historias románticas e cheas de sentimento? Este é o teu escritor...



9. Jeff Kinney - 17 millóns de dólares
Ideou as aventuras e desventuras do pobre Greg no "El diario de Greg"


8. John Grisham - 18 millóns de dólares
As novelas de abogacía e intrigas xudiciais son o seu

lunes, 17 de octubre de 2011

NO CLUB DE LECTURA ESTÁN A LER...

"ME LLAMO ROJO" DE ORHAN PAMUK

Rubén, o moderador do club de lectura de adultos, coméntanos algo sobre esta obra: "A novela introdúcenos no Istambul do século XVI en plena decadencia do imperio Turco, onde o Sultán do imperio, en contra dos preceptos da súa relixión pretende facerse un retrato e para iso encarga en segredo a catro ilustradores realizar un libro cos logros do seu reinado, ata que un deles desaparece. O desenvolvemento desta minuciosa novela bríndannos un fresco de novela negra, romántica e histórica, narrándonos a confrontación entre o pasado e o presente, a gloria e a decadencia. En resumo 687 páxinas moi ben levadas, unha das mellores novelas de Orhan Pamuk"

E sobre o autor, "Orhan Pamuk, naceu en 1952 en Istambul, Turquía. Comezou os estudos de arquitectura que nunca terminou, e abandonou a carreira para dedicarse á literatura a tempo completo. Aínda que a súa carreira como escritor se iniciou a finais dos anos 70, a súa primeira novela publicouse en 1982. O autor comezou a ser coñecido a partir da súa novela "El astrólogo y el sultán" (Beyaz Kale, 1985), que foi moi encomiada polo coñecido escritor John Updike. 

Orhan Pamuk alcanzou a súa consagración internacional con "Me llamo Rojo" (Benim Adim Kirmizi, 1998). Dende entón as súas obras traducíronse a máis de corenta idiomas. No ano 2006 outorgáronlle o Premio Nobel de Literatura, aínda que antes obtivera numerosos recoñecementos internacionais: Premio ao Mellor Libro Estranxeiro en Francia, Premio Grinzane Cavour en Italia e Premio Internacional IMPAC de Dublín. No 2005 tamén recibiu o Premio da Paz dos libreiros alemáns."

Unha lectura moi interesante, que tamén podedes atopar nos estantes da biblioteca có rótulo N PAM mel. Se xa o lestes ou sodes participantes do club de lectura, agardamos os vosos comentarios sobre o libro!


viernes, 14 de octubre de 2011

BANDAS SONORAS DE CINE

Hoxe traemos unha selección de bandas sonoras de cine dentro da variada colección de música que podedes atopar na Biblioteca. Con cal vos quedades?