miércoles, 31 de agosto de 2011

CAMBIO DE HORARIO

Dende mañá xoves 1 ata o martes 20 de setembro, o horario da biblioteca será:

Luns a venres: de 9 a 20 horas
Sábados: de 10 a 14 horas


martes, 30 de agosto de 2011

UN PROBLEMIÑA DO E-BOOK...

visto aquí


jueves, 25 de agosto de 2011

IMOS DE VIAXE A... ITALIA

Se o país da pasta e os xelados é o voso destino este verán, aquí tedes toda unha variedade de guías para planificar a vosa viaxe... Hai un montón de posibilidades!
















miércoles, 24 de agosto de 2011

VISITADE A NOSA COMITECA...


Hai cousa dun mes estreamos a nova comiteca da Biblioteca. Se aínda non viñeches a vela, aquí deixamosche unhas cantas fotos... Pero se prefires vir e curiosear nos andeis, podes atopar a nova Comiteca no 2º andar da Biblioteca, fronte a sala de referencia. Hai cómics para todas as idades, infantil e adultos!!




martes, 23 de agosto de 2011

GUSTOUCHE O LIBRO? AGORA PODES COMPRAR A CAMISETA...

Eso é o que nos ofrecen dende a páxina web Out Of Print: un amplio catálogo de camisetas das novelas máis famosas de todos os tempos. "El Gran Gatsby", "La naranja mecánica", "El viejo y el mar", "El señor de las moscas"... toda unha variedade para verdadeiros fans destes libros. Eu sen dúbida, quédome coa de "Orgullo y Prejuicio".

lunes, 22 de agosto de 2011

LA FLOR DEL NORTE, DE ESPIDO FREIRE

Novela histórica que nos descobre a desgarradora vida de Kristina Haakonardóttir, a nova princesa de Noruega convertida á forza en infanta de Castela ao despousarse con don Felipe, irmán de Alfoso X El Sabio.

Kristina partirá dende as súas frías terras do norte nunha viaxe cara a Castela para rematar, finalmente, nunha Sevilla que comeza a florecer e que a sorprende con costumes, cores e sensacións novas para ela.

Pero todos os seus descubrimentos estarán impregnados de sufrimento e agonía por un destino inevitable á que a súa misteriosa enfermidade a conduce. A pobre Kristina morrerá traizoada e repudiada lonxe do seu fogar, entre un pobo que sempre a viu como a Estranxeira.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N FRE flo novedades


viernes, 19 de agosto de 2011

UN MORCEGO MOI ESPECIAL...


E é que Bat Pat non é o típico morcego... É un detective moi especial que resolve todo tipo de casos e as súas historias están a triunfar entre os nenos de entre 7 e 11 anos. Porque sabemos que estades desexando desfrutar das súas aventuras, estos son algúns dos títulos que podedes atopar na Biblioteca...















jueves, 18 de agosto de 2011

ANDAMOS A BUSCAR A NOVELA DO VERÁN...

E coma sempre necesitamos da vosa axuda. Destes dez títulos, cal é para vos a novela do verán? Gañará a intriga ou o romanticismo?




miércoles, 17 de agosto de 2011

IMOS DE VIAXE A... EE.UU.

Seguindo coas nosas guías de viaxes, hoxe propoñemos un destiño moito máis lonxano: Estados Unidos. Dende as grandes "citys" coma Nova York ou San Francisco, pasando polas praias de Miami ata a fría Alaska... Escolle a túa guía!
















martes, 16 de agosto de 2011

LA EXTRAORDINARIA NATURALEZA DE SAM FINKLER, DE HOWARD JACOBSON

Unha noite, no centro de Londres, tres amigos reúnense para cear. Dous deles acaban de enviuvar e o terceiro non ten vida amorosa, senón desastres amorosos un tras outro. A charla que os leva a filosofar, emborracharse e, finalmente, desvariar rematará lanzando á luz unha pregunta clave: É mellor non coñecer a felicidade para non ter que sufrir cando se perde?

Descobre a novela gañadora do premio "Man Booker Prize 2010", un ácido relato sobre a felicidade e a amizade.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N JAC ext novedades


jueves, 11 de agosto de 2011

EXPOSICIÓN "GALICIA EN FOCO"


Dende onte e ata o día 30 de agosto podedes desfrutar da XXI edición da exposición "Galicia en Foco", unha selección das mellores fotografías de prensa publicadas en medios de comunicación galegos durante este ano.

A exposición conta con imaxes de máis de 30 fotógrafos e está organizada polo Club de Prensa de Ferrol. Agardamos que vos guste!





VIAXA CO MELLOR CINE...


¿Queres visitar as grandes cidades do mundo sen saír do sófa da casa? Pois esta é a nosa proposta... Viaxar co mellor cine!! Aquí tedes unha selección de películas dende París ata San Francisco, pasando por Tokio, Sidney, Sevilla ou Londres...


miércoles, 10 de agosto de 2011

NOVOS AUTORES DE NOVELA POLICÍACA


Nesta ilustración de Fernando Vicente para o periódico El País podedes ver a 7 dos novos autores de novela policíaca e de intriga que están triunfando no noso país. Eles son Antonio Jiménez Barca, Cristina Fallarás, Jorge Navarro, Teresa Solana, Gregorio Casamayor, Jerónimo Tristante e Willy Uribe. Pero tamén faltan nesta foto autores como Julían Sánchez, Rafael Reig, Toni Hill o Paul Pen. Navegando entre a novela policíaca, a intriga, o misterio e mesmo a novela negra están a facerse un oco nas estanterías de librerías e lectores. Aquí están algunhas das súas novelas que podedes atopar na biblioteca...