martes, 26 de julio de 2011

SUBIMOS OS NOSOS PRÉSTAMOS!!

Como todos os anos o Ministerio de Cultura publicou as estatísticas das 52 Bibliotecas Públicas do Estado. E estamos moi contentos porque grazas a vós e os vosos préstamos conseguimos aumentar as nosas cifras por enriba de anos pasados, e por enriba do resto de bibliotecas galegas. Premendo en cada imaxe podedes comprobar os datos vos mesmos...

Datos xerais

Préstamo de libros

Préstamo de audiovisuais

martes, 19 de julio de 2011

LECTURAS PARA ESTE VERÁN

Hoxe traemos unhas cantas recomendacións para ler este verano. Neste boletín de lecturas para o verán atoparades todo tipo de libros: aventuras, humor, novela histórica, novela romántica... Todo para desfrutar na beira do río, escoitando as olas do mar na praia, ou nunha tarde tranquila no sofá da casa. E gratis! Están todos agardando na biblioteca!

viernes, 15 de julio de 2011

ESTREAMOS COMITECA!


Para todos os amantes da banda deseñada, xa temos unha zona dedicada a todos vos!! Podedes atopar a nova Comiteca no 2º andar da Biblioteca, fronte a sala de referencia. Hai cómics para todas as idades, infantil e adultos. Non o dubidedes e vir facernos unha visita!




UNA PASIÓN VINTAGE, DE ISABEL WOLFF

Os vellos vestidos vintage, agora tan de moda, esconden historias que resumen unha vida enteira.

Iso sábeo moi ben Phoebe Swift, que aos 33 anos renuncia ao seu lugar de traballo na prestixiosa galería de arte Sotheby's para abrir unha tenda de roupa e accesorios doutros tempos nun suburbio de Londres.

Rodeada de exquisitas pezas, Phoebe prepárase para comezar de novo, mostrando ás mozas de hoxe a fermosura desas pezas tan femininas. Corre a voz polo barrio, as mulleres pouco a pouco van achegándose á tenda, e ao saír do probador e mirarse ao espello, descobren algo novo de si mesmas.

Un día Phoebe visita a Thérèse, unha anciá francesa que desexa vender toda a súa fabulosa colección de vestidos, a excepción dunha peza: un abrigo de nena azul. As dúas traban amizade e finalmente Thérèse, gravemente enferma, decide revelar a Phoebe a historia do abrigo, que a leva a recordar os tempos da Segunda Guerra Mundial, cando ela era unha nena e vivía en Avignon.

Entre vestidos espléndidos, cálidos xestos de amizade e traxedias imposibles de esquecer, discorre esta fermosa novela, que cosendo retallos do pasado dá un novo valor ao noso presente.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N WOL pas novedades




miércoles, 13 de julio de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Aquí están de novo os últimos libros que chegaron á Biblioteca. Historias para todos, para gozar dun verán cheo de lecturas. Premendo en cada imaxe podedes acceder ao rexistro do noso catálogo. Que o disfrutedes!!






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


martes, 12 de julio de 2011

CENTRO DE INTERESE "CONTRA O ABURRIMENTO"

Como o ano pasado, xa tedes dispoñible na Sala Infantil o centro de interese "contra o aburrimento". Porque sabemos que no verán tedes moito tempo libre, e que mellor que ocupalo facendo todo tipo de experimentos, manualidades ou cociñando... Vos elexides!!
















lunes, 11 de julio de 2011

NOVA PEZA DE ARTE NA BIBLIOTECA...


Xa vos comentamos hai un tempo que a Biblioteca colabora coa Escola de Arte e Superior de Deseño "Ramón Falcón" de Lugo, e por iso cada mes expoñemos unha obra dos alumnos deste centro.

Nesta ocasión a peza titúlase "Dolmen", e a autora é Gema Franco. Unha obra na que empregou as técnicas de refractario, engobe e esmalte de alta temperatura.


viernes, 8 de julio de 2011

O HEAVY BIBLIOTECARIO

Hoxe traemos un vídeo de humor da man de Cruz y Raya, un antigo sketch sobre un bibliotecario un tanto particular. Xulgade vos mesmos!

jueves, 7 de julio de 2011

APRENDE A RENOVAR OS TEUS PRÉSTAMOS

Grazas ás vosas suxestións e achegas, hoxe publicamos esta presentación para todos aqueles que nos preguntastes como podedes renovar os libros que tedes prestados dende a nosa páxina web... Esperamos que vos guste e que solucione as vosas dúbidas!


Se queredes ver a presentación a pantalla completa, picade nas frechiñas, abaixo á dereita.


miércoles, 6 de julio de 2011

LAS ALAS DEL DINOSAURIO, DE SISSEL-JO GAZAN

Anna está furiosa: coa súa nai, coa súa vida, coa súa memoria e, sobre todo, co profesor que lla dirixe, que leva un ano intratable. Cando aparece asasinado, todo apunta a unha vinganza. É Anna a culpable? Søren, o policía que investiga o crime, concédelle o beneficio da dúbida a cambio da cal a moza o axude a desentrañar as macabras circunstancias do caso e a desembrollar as intrigas dos círculos científicos, un mundo no que todos están dispostos a todo a cambio de prestixio e poder.

De pronto, Anna encóntrase inmersa nun enmarañado pesadelo. Son moitos os fíos que conducen cara ao seu estudo sobre a historia dos dinosauros, pero máis os que enredan a súa propia vida... e a de Søren.

Pode perder alguén a vida por algo que aconteceu hai millóns de anos? As ás do dinosauro non é só un trepidante thriller científico repleto de intriga psicolóxica, senón tamén unha apaixonante historia de amor. Unha novela sobre a natureza humana e os segredos que enturban as nosas vidas.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N GAZ ala novedades




martes, 5 de julio de 2011

¿CANDO NACEU O LIBRO DE PETO?


Dende a páxina web da revista "Muy Interesante" traemos unha interesante pregunta: cando naceu o libro de peto?

"A entrada no mercado editorial dos primeiros libros de peto, os Penguin Books ingleses, tivo lugar o 30 de xullo de 1935, e supuxo o inicio da posta a disposición do público masivo das obras clásicas e modernas máis importantes do momento, contribuíndo á democratización da lectura. O lanzamento da primeira colección foi todo un éxito: tres millóns de libros vendidos no primeiro ano de vida do novo selo editorial. Á vista dos resultados, en 1939 o libro de peto entra no mercado estadounidense co lanzamento de Pocket Books. E tras a segunda guerra mundial, xurdían novas coleccións en países europeos como Francia e España.

Segundo o describe Rosa Melendo, "un dos piares básicos do libro de peto é ser máis accesible, economicamente falando; non obstante, trátase de algo máis que lectura a bo prezo. Por outro lado, no pequeno libro de peto cabe de todo, ou case de todo; resístenselle, loxicamente, as obras moi ilustradas. Podería falarse, entón, de libros baratos, pequenos e sobre calquera tema".


lunes, 4 de julio de 2011

ENTREGA DE PREMIOS DA FASE PROVINCIAL DO CERTAME "LETRAS GALEGAS 2011"


O pasado mércores 29 de xuño, celebramos a entrega de premios aos gañadores da Fase Provincial do Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2011". Aquí podedes ver as fotos do evento...



viernes, 1 de julio de 2011

OUTÓRGANNOS O PREMIO BLOGUEIRO "SUNSHINE AWARD"

Queremos agradecer aos compañeiros do blog "O sorriso da Muralla" da Biblioteca do IES Xoán Montes de Lugo que nos concedesen este premio, xunto a outros blogs de bibliotecas. É un recoñecemento ao traballo diario que conleva manter un blog... E xa de paso, agradecer todas as visitas dende o seu blog, que son moitas e diarias.

Este premio conleva a obriga de premiar a outros blogs, avisarlles mediante un correo e publicar nun post os enlaces escollidos. Nos escollemos estes...


De novo, moitas grazas por este premio!