jueves, 30 de junio de 2011

NOVO HORARIO DE VERÁN


A partir de mañá, cambiamos ao horario de verán

Abriremos de luns a venres, de 8:30 a 14:30

A desfrutar do verán!!


EL DESCUBRIMIENTO DE LAS BRUJAS, DE DEBORAH HARKNESS

No corazón da Biblioteca Bodleiana de Oxford, a apaixonada historiadora Diana Bishop tópase no medio das súas investigacións co manuscrito identificado como Ashmole 782. Descendente dunha antiga liñaxe de bruxas, Diana intúe que o manuscrito está relacionado dalgún xeito coa maxia, pero non quere ter que ver nada coa bruxaría. E despois de tomar algunhas notas sobre os seus curiosos debuxos, devólveo sen perder máis tempo aos estantes. O que Diana non sabe é que se trata dun manuscrito alquímico que estivo perdido durante séculos e cuxo descubrimento desencadeou que hordas de daimones, vampiros e bruxas saian á luz das salas de lectura da Biblioteca.

Unha desas criaturas é Matthew Clairmont, un enigmático xenetista, amante do bo viño e vampiro milenario, cuxa alianza con Diana se fará progresivamente máis íntima, e pouco a pouco xurdirá entre ambos os dous unha relación que fará cambalear os tabús asentados dende hai tempo nun mundo secreto e encantado.

A teoría da evolución de Darwin non contemplou todos os seres que habitan a Terra, pero Deborah Harkness fíxoo nesta emocionante e enxeñosa novela. Dende Oxford a Nova York, e de aquí a Francia, a maxia, a alquimia e a ciencia desvélannos os seus verdadeiros vínculos no libro definitivo sobre a bruxaría e os seus poderes.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N HAR des novedades



miércoles, 29 de junio de 2011

CENTRO DE INTERESE "CINE ESPAÑOL"

Xa podedes atopar na Biblioteca un centro de interese sobre cine español, películas de onte e hoxe do noso país. Aquí tedes o boletín para botarlle un ollo e ver todo o que temos dispoñible...


martes, 28 de junio de 2011

E OS RELATOS GAÑADORES DO CERTAME NA FASE PROVINCIAL

E xa para rematar por hoxe, aquí están os relatos gañadores da Fase Provincial do Certame de Debuxo e Narración "Letras Galegas 2011". Desfrutade da lectura destas inxeniosas historias!

OS DEBUXOS GAÑADORES DO CERTAME NA FASE PROVINCIAL


Hoxe traemos os debuxos gañadores da Fase Provincial do Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2011" no que participaron moitos nenos e rapaces de toda a provincia. Están feitos uns artistas!! Podedes velos todos na nosa galería do Facebook...



lunes, 27 de junio de 2011

O ARDE LUCUS NA BIBLIOTECA

Xa sabemos que pasaron uns días dende o Arde Lucus, pero queriamos ensinarvos como vivimos nós a festa na Biblioteca. Apareceron por alí unhas romanas e puxéronse a traballar coma tolas!!


XA TEMOS AOS GAÑADORES DA FASE PROVINCIAL

Hai uns días informabámosvos dos gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2011" na súa fase local, e hoxe temos aos gañadores na fase provincial, onde competiron debuxos e historias de nenos e rapaces de toda a provincia. Aquí tedes os gañadores nas diferentes categorías e seccións.


DEBUXO

Categoría A (ata 8 anos)
Sara Álvarez Civeira
Iván Sobreira Solar
Marta Muiña Bermúdez

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Mónica Díaz Fraga
Irene Rico Gómez
Claudia Ares Vila

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Wilmer Marte
Vanessa Álvarez
Ainhoa Mateos


NARRACIÓN

Categoría A (ata 8 anos)
Jorge Estraviz Cerdeira
Antía Lillo Irimia
Yago Montero Gradaille

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Alfonso González Guinarte
Inés González Fernández
Sara Navarro Doval

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Codes Lillo Irimia
Andrea Buján Valín
Carmen Rodríguez Rodríguez

A entrega de premios terá lugar este mércores 29, ás 18:00 horas no Salón de Actos.

Noraboa a todos!!


lunes, 20 de junio de 2011

INAUGURACIÓN DE LA EXPOSICIÓN "QUERIDO BALBINO: 1961-2011, CINCUENTA AÑOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO"


Mañá, ás 18:00 h. inauguramos a exposición "Querido Balbino: 1961-2011, cincuenta años de memorias dun neno labrego" e contaremos coa presenza do escritor Xosé Neira Vilas.

A exposición fai un percorrido pola vida e obra de Neira Vilas e presenta dez obras pictóricas inspiradas en ‘Memorias dun neno labrego’, do que se levan impreso 600.000 exemplares.

Estades todos convidados!


PARA ANA (DE TU MUERTO), DE NURIA ROCA Y JUAN DEL VAL

Ás veces, os demais saben algo noso que nós ignoramos

Ana coñeceu ao escritor Carlos Pacheco cando apenas era unha adolescente e con el compartiu vinte anos.

Amoral, apaixonado e xenial, Carlos foi, para ben e para mal, o máis extraordinario que lle pasou a Ana. Despois dunha relación intensa e atormentada, Ana quere ser normal. Ese obxectivo será a verdadeira aventura da súa vida. E se unha morte fose a súa segunda oportunidade?

Despois de ser unha das autoras españolas máis vendidas de 2009, Nuria Roca (en colaboración con Juan del Val) decídese para a súa segunda novela por unha historia na que combina, ademais dos mellores ingredientes de "Los caracoles no saben que son caracoles" (sexo, humor e vida cotiá), unha trama chea de sorpresas na que nada é o que parece e que se desenvolve entre bambolinas no mundo editorial. Unha novela irresistible, irresistible e aditiva dende a primeira liña.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N ROC par novedades


jueves, 16 de junio de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos teatro con Migallas e "Camiño de historias"

Un espectáculo constituído por varias historias de tradición oral procedentes de diversos continentes e enlazadas mediante cancións e ditos populares.

Cada relato é tratado dun xeito diferente combinando a narración con técnicas de expresión plástica e dramática. Malia ser tradicionais, os contidos que tratan estas historias son actuais e próximos ós nenos e nenas:
- os rapaces consentidos polos pais
- o afán de posuír xoguetes e lambonadas
- o valor da humildade e da honradez
- o ritmo das estacións e o ciclo da vida
- a importancia da música e da festa, etc.

As cancións e os ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.

Unha obra para todos os públicos

Mañá, venres 17, ás 18:00 h. no Salón de Actos.


miércoles, 15 de junio de 2011

O TOP 100 DOS LIBROS (VERSIÓN USA)

A revista Newsweek publicou hai un tempo a lista dos 100 mellores libros de todos os tempos, e nos queremos compartila con todos vos. Para a elaboración desta lista uniron dez listas dos mellores libros escritos en inglés ou traducidos a ese idioma, evaluaron o seu impacto na historia, as súas ventas e ata os resultados en Google. Todo un traballo de investigación... De calquera xeito, bótanse en falta algúns clásicos, e é que a lista ten unha marcada influencia americana. E vos, ¿cantos lestes?

1) Guerra y paz, León Tolstoi
2) 1984, George Orwells
3) Ulises, Joyce
4) Lolita, Vladimir Nabokov
5) El sonido y la furia, William Faulkner
6) El hombre invisible, Ralph Ellison
7) Al faro, Virginia Woolf
8) La iliada y la Odisea, Homero
9) Orgullo y prejuicio, Jane Austen
10) Divina Comedia, Dante
11) Cuentos de Canterbury, Geoffrey Chaucer
12) Los viajes de Gulliver, Jonathan Swift
13) Middlemarch, George Elliot
14) Todo se desmorona, Chinua Achebe
15) El guardián entre el centeno, J. D. Salinger
16) Lo que el viento se llevó, Margaret Mitchell
17) Cien años de soledad, Gabriel García Márquez
18) El gran Gatsby, Scott Fitzgerald
19) Catch 22, Joseph Heller
20) Beloved, Toni Morrison
21) Las uvas de la ira, John Steinbeck
22) Hijos de la medianoche, Salman Rushdie
23) Un mundo feliz, Aldous Huxley
24) La señora Dalloway, Virginia Woolf
25) Hijo nativo, Richard Wright
26) De la democracia en América, Alexis de Tocqueville
27) El origen de las especies, Charles Darwin
28) Historia, Heródoto
29) El contrato social, Jean-Jacques Rousseau
30) El capital, Karl Marx
31) El príncipe, Maquiavelo
32) Las confesiones de San Agustín
33) Leviatan, Thomas Hobbes
34) Historia de la guerra del Peloponeso, Tucídides
35) El señor de los anillos, J. R. R. Tolkien
36) Winnie-the-Pooh A. A. Milne
37) Las crónicas de Narnia, C. S. Lewis
38) Pasaje a la India, E. M. Forster
39) En el camino, Jack Kerouac
40) Matar a un ruiseñor, Harper Lee
41) La Biblia
42) La naranja mecánica, Anthony Burgués
43) Luz de agosto, William Faulkner
44) Las almas de la gente negra, W. E. B. Du Bois
45) Ancho mar de los Sargazos, Jean Rhys
46) Madame Bovary, Gustave Flaubert
47) Paraíso perdido, John Milton
48) Ana Karenina, Leon Tolstoi
49) Hamlet, William Shakespeare
50) El rey Lear, William Shakespeare
51) Otello, William Shakespeare
52) Sonetos, William Shakespeare
53) Hojas de hierba, Walt Whitman
54) Las aventuras de Huckleberry Finn, Mark Twain
55) Kim, Rudyard Kipling
56) Frankenstein, Mary Shelley
57) La canción de Solomon, Toni Morrison
58) Alguien voló sobre el nido del cuco, Ken Kesey
59) Por quien doblan las campanas, Hernest Hemingway
60) Matadero 5, Kurt Vonnegut
61) Rebelión en la granja, George Orwell
62) El señor de las moscas, William Holding
63) A sangre fría, Truman Capote
64) El cuaderno dorado, Doris Lessing
65) En busca del tiempo perdido, Marcel Proust
66) El sueño eterno, Raymond Chandler
67) Mientras agonizo, William Faulkner
68) Fiesta, Ernest Hemingway
69) Yo, Claudio, Robert Graves
70) El corazón es un cazador solitario, Carson McCullers
71) Hijos y amantes, D. H. Lawrence
72) Todos los hombres del rey, Robert Penn Warren
73) Ve y dilo en la montaña James Baldwin
74) La telaraña de Charlotte, E. B. White
75) El corazón de las tinieblas, Joseph Conrad
76) Noche, Elie Wiesel
77) Conejo, corre, J. Updike
78) La edad de la inocencia, Edith Wharton
79) El mal de Portnoy, P. Roth
80) Una tragedia americana, Theodore Dreiser
81) El día de la langosta, Nathanael West
82) Trópico de cáncer, Henry Miller
83) El halcón maltés, Dashiell Ahmet
84) La Materia oscura, Philip Pullman
85) La Muerte del Arzobispo, Willa Cather
86) La interpretación de los sueños, S. Freud
87) La educación de Henry Adams, Henry Adams
88) Pensamiento de Mao Zedong, Mao Zedong
89) Psicología de la religión, William James
90) Retorno a Brideshead, Evelyn Waugh
91) Primavera silenciosa, Rachel Carson
92) Teoría general de la ocupación, el interés y el dinero, John Maynard Keynes
93) Lord Jim, Joseph Conrad
94) Adiós a todo eso, Robert Graves
95) La sociedad opulenta, John Kenneth Galbraith
96) El viento en los sauces, Kenneth Grahame
97) La autobiografía de Malcom X, Alex Haley y Malcolm X
98) Los victorianos eminentes, Lytton Strachey
99) El color púrpura, Alice Walter
100) La segunda Guerra Mundial, Winston Churchill.


martes, 14 de junio de 2011

ROMA VOLTA A LUGO...


Xa estamos a escasos días de celebrar o Arde Lucus, e se sodes dos que deixades todo para última hora, hoxe queremos botarvos unha man. Aquí tedes unha selección de libros sobre Roma e os seus habitantes que de seguro serviranvos de inspiracion para esta festa...


















lunes, 13 de junio de 2011

ROCK PARA COMEZAR A SEMANA...

Para empezar a semana con enerxía, que mellor que unha selección de música rock que podedes atopar na Biblioteca...





















viernes, 10 de junio de 2011

EL CUADERNO DE MAYA, DE ISABEL ALLENDE

Son Maia Vidal, dezanove anos, sexo feminino, solteira, sen un namorado, por falta de oportunidades e non por meticulosa, nacida en Berkeley, California, pasaporte estadounidense, temporalmente refuxiada nunha illa ao sur do mundo. Puxéronme Maia porque ao meu Nini o atrae a India e aos meus pais non se lles ocorreu outro nome, aínda que tiveron nove meses para pensalo.

En hindi, Maia significa "feitizo, ilusión, sono", nada que ver co meu carácter. Atila calzaríame mellor, porque onde poño o pé non sae máis pasto. A miña historia comeza en Chile coa miña avoa, o meu Nini, moito antes da cal eu nacese, porque se ela non tivese emigrado, se tería namorado do meu Popo nin se tería instalado en California, o meu pai non tería coñecido a miña nai e eu non sería eu, senón unha moza chilena moi diferente.

Isabel Allende deleitaranos cunha novela que trata as relacións humanas na época actual. Unha protagonista do noso tempo que atrapará o lector incondicional de Isabel e tamén conseguirá chegar a un público máis novo.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N ALL cua novedades




jueves, 9 de junio de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...



Temos contacontos con Fátima Fernández e "O amor flota na Biblioteca"

O amor está en todas partes, tamén na Biblioteca!

Se tes entre 4 e 12 anos, xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 10, ás 18:00 h. na Sala de Actividades.


miércoles, 8 de junio de 2011

A BIBLIOTECA EN TWITTER E NO MAPA DE BIBLIOTECAS 2.0

Hoxe traemos dous boas novas... A primeira é que dende onte temos perfil en Twitter!! Para acceder ao noso perfil e seguirnos só tedes que premer na imaxe. Outra plataforma á que nos unimos para que esteades enterados de todo o que acontece na nosa biblioteca...


E a segunda novidade é a nosa incorporación ao Mapa de Bibliotecas 2.0 en España. Un mapa onde aparecen todas as bibliotecas que empregan as novas tecnoloxías e as redes sociais para chegar ata os seus usuarios. Nel podedes atopar os enlaces a Facebook, Twitter, Flickr, Delicious, etc. de moitas bibliotecas españolas. Aquí tedes o mapa para poder curiosear un pouco...



Ver Bibliotecas 2.0 en España en un mapa más grande



martes, 7 de junio de 2011

ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DO CERTAME


O pasado mércores 1 de xuño, celebramos a entrega de premios aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2011". Os rapaces gañadores en narración leron as súas historias, e todos recibiron o seu agasallo. Aquí podedes ver as fotos do evento...



lunes, 6 de junio de 2011

UN PEQUENO BIBLIOTECARIO...

Dende o blog das Bibliotecas de Redondela chéganos este vídeo dun bibliotecario moi precoz. Esto é vocación verdadeira...



jueves, 2 de junio de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...



Temos contacontos con Iago López e "Un saco de estrelas"

¿De onde sairía este saco de estrelas?

Se tes entre 4 e 12 anos, xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (30 prazas)

Mañá, venres 3, ás 18:00 h. na Sala de Actividades.


miércoles, 1 de junio de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Aquí están as últimas novidades en non-ficción que chegaron ata a Biblioteca, que xa sabiamos que estabades agardando por elas... Esperamos que desfrutedes da súa lectura!!






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí