martes, 31 de mayo de 2011

LAS HUELLAS IMBORRABLES, DE CAMILLA LACKBERG

O verán chega á súa fin e a escritora Erica Falck volve ao traballo tras a baixa de maternidade. Agora tócalle ao seu compañeiro, o comisario Patrik Hedström, tomar un tempo libre para ocuparse da pequena Maja. Pero o crime non descansa nunca, nin sequera na tranquila cidade de Fjällbacka, e cando dous adolescentes descobren o cadáver de Erik Frankel, Patrik compaxinará o coidado da súa filla co seu interese polo asasinato deste historiador especializado na Segunda Guerra Mundial.

Mentres tanto, Erika fai un sorprendente achado: diarios da súa nai Elsy, con quen tivo unha relación difícil, xunto cunha antiga medalla nazi. Pero o máis inquietante é que, pouco antes da morte do historiador, Erika fora á súa casa para obter máis información sobre a medalla. É posible que a súa visita desencadease os acontecimentos que conduciron á súa morte?

En "Las huellas imborrables" Camilla Lackbërg entretece con mestría unha historia contemporánea coa vida dunha moza na Suecia de 1940. Escrita con numerosos flashbacks, nesta novela Erica Falck debe internarse no escuro pasado da súa propia familia.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N LAC hue novedades




lunes, 30 de mayo de 2011

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES DE XUÑO


Xa podedes consultar a programación da Biblioteca do mes de Xuño na nosa axenda ou nos eventos do Facebook.

Neste último mes de actividades temos teatro e contacontos.

Estades convidados!!


OS RELATOS GAÑADORES DO CERTAME

Hai uns días mostramos os debuxos gañadores do Certame de Debuxo e Narración "Letras Galegas 2011", e hoxe podedes ler os relatos gañadores en Narración. Agardamos que desfrutedes da lectura das historias destes futuros escritores...

viernes, 27 de mayo de 2011

OS MÁIS PRESTADOS DE ABRIL NA SALA INFANTIL

Se queredes saber cales foron os libros e revistas máis prestados durante o mes de Abril na sala infantil da Biblioteca, so tedes que pinchar na seguinte imaxe e poderedes aceder a publicación...

jueves, 26 de mayo de 2011

OS DEBUXOS GAÑADORES DO CERTAME


Queredes saber cales son os debuxos que gañaron o Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2011"? Pois aquí vos deixamos o enlace para que os vexades...



MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos contacontos con Fátima Fernández e "Un mundo sin avós"

¿Que pasaría nun mundo no que non existiran os avós? Descúbreo con nós...

Se tes entre 5 e 7 anos, xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (25 prazas)

Mañá, venres 27, ás 18:00 h. na Sala de Actividades.


miércoles, 25 de mayo de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Xa estamos de volta coas novidades do fondo de adultos. Aquí tedes algúns dos últimos títulos que ocupan os nosos andeis. Premendo en cada imaxe podedes acceder ao rexistro do noso catálogo. Que o disfrutedes!!






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


martes, 24 de mayo de 2011

MAR DE FUEGO, DE CHUFO LLORÉNS

"Mar de fuego" recrea unha época turbulenta da Barcelona medieval sometida ás tensións da corte onde se fragua a sanguenta sucesión do conde Ramón Berenguer I.

Mentres, o insigne navieiro e posuidor dunha das maiores fortunas do condado, Martí Barbany, se enfronta aos amores da súa nova filla fatalmente marcados pola diferenza de clases e a unha vinganza que se orde no submundo da cidade medieval e que ameaza a súa vida.

Chufo Lloréns volve seducir o lector, como xa fixese na súa anterior e exitosa novela, "Te daré la tierra", coa recreación dunha cidade na que conviven tratantes de escravos, prostitutas, cortesás, serventes, musulmáns, cristiáns, nobres e plebeos; e, de novo, consegue plasmar maxistralmente o apaixonante retrato duns anos escuros que selaron o destino dunha cidade.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N LLO mar novedades




ENTREGA DE PREMIOS




Onte anunciabamos aos gañadores do Certame de Narración e Debuxo "Letras Galegas 2011" na súa fase local, e hoxe vos informamos de que a entrega de premios terá lugar o día 1 de xuño ás 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.

Agardamos aos gañadores e a todo aquel que queira acercarse.

lunes, 23 de mayo de 2011

XA TEMOS AOS GAÑADORES...

... da Fase Local do Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2011". Aquí tedes os nomes dos nen@s gañadores nas diferentes categorías e seccións.


DEBUXO

Categoría A (ata 8 anos)
Sara Álvarez Civeira
Claudia Pérez Portomeñe
Borja Rivas Álvarez

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Mónica Díaz Fraga
Paula Barreiro Rodríguez
Rodrigo Antonio Vidal Pinto

Categoría C (de 12 a 16 anos)
Wilmer Marte
Adrián Varela Villamor
Alfredo Tao Noda López


NARRACIÓN

Categoría A (ata 8 anos)
Jorge Estraviz Cerdeira

Categoría B (de 9 a 11 anos)
Alfonso González Guinarte
Arantcha Carricoba Muñoa
Mónica Díaz Fraga

Categoría C ( de 12 a 16 anos)
Andrea Buján Valín
Antía Otero Gay
María Castro Permuy

Noraboa a todos!!


jueves, 19 de mayo de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos teatro con Trinke Trinke e "A viaxe espacial"

Os Ratos da Biblioteca acaban de voltar dunha misión espacial na que participaron como ratos de experimentos. Ainda que padecen cómicos efectos secundarios, serán quen de contar as súas aventuras e de lembrar aos nenos as normas de funcionamento da Biblioteca.

Un espectáculo para todos os públicos.

Mañá, venres 20, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.


QUEREDES VER O NOSO STAND DA FEIRA DO LIBRO?


Pois aquí tedes unhas cantas fotos tomadas o Día das Letras Galegas, un martes con moita animación grazas ao bo tempo, e no que conseguimos facer moitos socios novos. Moitas grazas a todos os que viñechedes visitarnos e os que todavía non pasaron pero o farán.



miércoles, 18 de mayo de 2011

PUNTOS "LOIS PEREIRO" E "ERNESTO SÁBATO"


Para conmemorar o Día das Letras Galegas (que este ano dedicouse ao poeta Lois Pereiro) e trala morte do escritor Ernésto Sábato, podedes atopar na entrada da Biblioteca dous puntos de interese coas súas obras dispoñibles na biblioteca. Ademáis, temos un folleto con información sobre o poeta Lois Pereiro, e unha selección das súas obras.





lunes, 16 de mayo de 2011

O ARTE INVADE A BIBLIOTECA

Dende hai un tempo a Biblioteca colabora coa Escola de Arte e Superior de Deseño "Ramón Falcón" de Lugo, e por iso cada mes expoñeremos unha obra dos alumnos deste centro.

Este mes a peza titúlase "Man", e a autora é Vanesa Rodríguez Martínez. Unha obra na que empregou esmaltes de alta temperatura e a técnica do refractario. Velaquí a tedes...





viernes, 13 de mayo de 2011

IMOS Á FEIRA DO LIBRO


Como o ano pasado, a Biblioteca foi invitada a participar na XXIX Feira do Libro de Lugo, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, e que terá lugar dende o martes 17 de Maio, Día das Letras Galegas, ata o venres 22.

Estaremos nun dos stands situados na Praza Maior, e o horario será de 11:30 a 14:00 pola mañá, e de 17:00 a 21:00 pola tarde. Alí atoparédes información sobre a Biblioteca, os nosos servizos, algunhas das últimas novidades, e a posibilidade de facervos socios de maneira gratuita. E para todos os que nos visitedes haberá un pequeno agasallo...

Para máis información sobre a feira e as súas actividades podedes visitar a páxina da Federación de Libreiros de Galicia, que ten toda a programación detallada.

E para rematar, picando na imaxe de abaixo podedes descargar os marcapáxinas da Biblioteca que tamén poderedes atopar no noso stand.


Agardamos a vosa visita!!


jueves, 12 de mayo de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...



Temos "Contos de maxia" con Crystyan Magic

Achégate a descubrir toda a maxia agochada nestes contos...

Unha obra para todos os públicos.

Mañá, venres 13, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.


miércoles, 11 de mayo de 2011

ANATOMÍA DUN BIBLIOTECARIO

Dende o blog das Bibliotecas de Redondela chéganos este curioso gráfico sobre a anatomía dun bibliotecario... Picade na imaxe para vela.

martes, 10 de mayo de 2011

ENQUISA DE VALORACIÓN

Recordámosvos que podedes seguir participando na nosa enquisa de valoración da biblioteca. Porque nos interesa moito a vosa opinión para mellorar e poder ofrecervos mellores servizos. Animarvos, tan só vos levará un minuto! Podedes participar picando na imaxe...



lunes, 9 de mayo de 2011

EL BOLÍGRAFO DE GEL VERDE, DE ELOY MORENO

Pode alguén vivir en 445 m2 durante o resto da súa vida?

Seguramente si, seguramente vostede coñece a moita xente así. Persoas que se desprazan por unha cela sen estar presas; que se levantan cada día sabendo que todo vai ser igual que onte, igual que mañá; persoas que a pesar de estar vivas senten mortas.

Esta é a historia dun home que foi capaz de facer realidade o que cada noite imaxinaba baixo as sabas: empezalo todo de novo. Fíxoo, pero pagou un prezo demasiado alto. Pero se de verdade vostede quere saber cal é o argumento desta novela, mire a súa boneca esquerda; aí está todo.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N MOR bol novedades




viernes, 6 de mayo de 2011

A CITA DA SEMANA


"Lee y conducirás, no leas y serás conducido"

Santa Teresa de Jesús (1515-1582), Religiosa, mística y escritora española


jueves, 5 de mayo de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos a obra "Glub Glub" con Caramuxo Teatro

"Glub glub" conta a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no fondo do mar e un peixe xoguetón.

Unha obra para nenos de 6 meses a 3 anos.

Mañá, venres 6, ás 18:00 h. na Sala multiusos da Biblioteca.


miércoles, 4 de mayo de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

E seguindo coas novidades, aquí están as de non-ficción. Ciencia, saúde, historia, cociña, fotografía, informática, guías de viaxes... todo o que queirades saber podedes atopalo nestos libros... Premendo en cada imaxe podedes acceder ao rexistro do noso catálogo. A desfrutar!!






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí