viernes, 29 de abril de 2011

A CITA DA SEMANA


"El regalo de un libro, además de obsequio, es un delicado elogio"

Anónimo


jueves, 28 de abril de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos sesión de contacontos con "De conto en conto" e Ana Carreira

Unha fermosa viaxe a través dos contos. Historias que sorprenderan aos máis pequenos...

Se tes máis de 3 anos, xa podes apuntarte no mostrador da Sala Infantil (30 prazas).

Mañá, venres 29, ás 18:00 h. na Sala de Actividades da Biblioteca.


miércoles, 27 de abril de 2011

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO EN LUGO

O pasado sábado, 23 de abril, celebrouse o Día do Libro, pero hoxe celébrase esta festividade na nosa cidade. O Concello coma todos os anos organizou varias actividades para todos os gustos.

Durante todo o día podedes atopar na Praza Maior os stands dalgunhas das librarías da cidade, que ofertarán descontos nos seus libros toda a xornada.

Ás 11:00 haberá unha solta ou liberación de libros en cinco centros municipais: o Centro de Interpretación da Muralla, a Casa da Música, a Oficina de Información Xuvenil (OIX), a Piscina de Frigsa e a Biblioteca Municipal de Frigsa. Se estades interesados en conseguir algún destes libros e unirvos ó movemento "bookcrossing", achegádevos a calquera destes puntos.

E como todos os anos, dende ás 17:00 ata ás 20.30, tamén na Praza Maior, haberá a tradicional lectura do Quixote.

E xa para rematar, ás 19:15 o escritor David de Juan presentará o seu libro "El baile de las lagartijas", gañadora do premio de novela Ciudad de Valencia "Vicente Blasco Ibáñez" no Salón de Plenos do Concello de Lugo, acompañado do escritor lucense Pablo Núñez. A entrada é libre ata completar o aforo.

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!

martes, 26 de abril de 2011

EL DIARIO DE UN LIBRO DECEPCIONADO

miércoles, 20 de abril de 2011

LA TIERRA DE LAS CUEVAS PINTADAS, DE JEAN M. AUEL

Hai xa moitos anos que Ayla, a nena cromañón, foi expulsada do Clan do Oso Cavernario e que iniciou a súa longa viaxe por todo o continente europeo.

Finalmente, estableceuse na cova de onde procede o seu compañeiro Jondalar, con quen tivo unha moi desexada filla chamada Jonayla. A moza loita por encontrar un equilibrio entre as súas novas obrigas como nai e a súa preparación para converterse en líder espiritual e en curandeira.

Durante a súa formación queda moi impactada ao contemplar as marabillosas pinturas que se encontran nalgunhas covas e lle axudan a sentirse especialmente próxima á Nai Terra.

Xa esta aquí a tan esperada continuación da saga "Los hijos de la tierra", a serie máis vendida de todos os tempos...

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N AUE tie novedades


martes, 19 de abril de 2011

CENTRO DE INTERESE "100 DAS MELLORES"


E seguimos cos centros de interese, pero desta volta con 100 dos mellores títulos en dvd. "100 das mellores" reúne as mellores películas que temos na biblioteca para ofrecervos algo máis que libros e papel... Podedes atopalas na planta soto, no préstamo de adultos. Ademáis no expositor podedes consultar varios libros con información variada sobre as películas, ou coñecer datos curiosos. Aquí tedes algúnhas destas películas...

















lunes, 18 de abril de 2011

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL "LETRAS GALEGAS 2011"

Xa está aquí o Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2011", na súa fase local.

Neste certame poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dous modalidades: Narración e Debuxo, e este ano o tema seleccionado é "É mentira"

As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4.

Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3 categorías:

A -- nenos ata 8 anos
B -- nenos de 9 a 11 anos
C --- rapaces de 12 a 16 anos

O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 9 de maio, debendo estar entregados na Biblioteca nesa data.

Os traballos premiados nesta Fase Local participarán na Fase Provincial do Certame, convocada pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

viernes, 15 de abril de 2011

PRESENTACIÓN DO PUNTO INTERACTIVO "LOIS PEREIRO"


O próximo luns 18, ás 11:00 horas, terá lugar na Biblioteca a presentación dun punto interactivo sobre a figura de Lois Pereiro, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.

Lois Pereiro foi un escritor e poeta monfortino moi relevante na literatura galega. Durante a súa vida publicou dous poemarios: "Poemas:9181-1991" e "Poesía última de amor e enfermidade". Enfermo de sida morre en 1996, a causa dun envelenamento por aceite de colza, e publicase a súa obra "Poemas para unha Loia" que recolle poemas da súa etapa madrileña.

Tras varios anos sendo candidato ao Día das Letras Galegas, finalmente foi elexido no 2011.

Estades todos convidados a participar desta presentación e coñecer mellor a figura deste veciño ilustre.


jueves, 14 de abril de 2011

AVISO: PROBLEMAS NA WEB E NA AXENDA


Dende hai uns días estamos tendo algúns problemas na nosa páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia (www.rbgalicia.org/lugo) e tamén na axenda do blog.

Son problemas totalmente alleos a nós e agardamos resolvelos o antes posible. Ata que se solucione, podedes consultar as actividades nos eventos do Facebook, e manteros informados no Facebook ou no blog.

Sentimos as molestias.


MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos obra de teatro con Caramuxo Teatro e os seus "Zapatos"

Que pasa con todos eses zapatos que xa non teñen dono?? Tódolos días chegan a un agochado xardín centos de vellos zapatos, e unha xoven rapaza é a encargada de coidalos e darlles a benvida ao seu novo fogar, un lugar onde coñecer a Pequecho, á zapatilla de ballet, ó Sol e á Nube, e a centos de compañeiros...

Unha obra para nenos de 1 a 4 anos.
Mañá, venres 15, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.


miércoles, 13 de abril de 2011

EXPOSICIÓN "O POBO XITANO EN LUGO"


O pasado día 8 de abril celebrouse o Día Internacional do Pobo Xitano. Co gallo desta celebración a Fundación Secretariado Xitano en colaboración coa Asociación de Promoción e Integración Xitana inaugurou na nosa Biblioteca a exposición "O pobo xitano en Lugo" que amosa en dezanove paneis a evolución da situación dos xitanos en Lugo.



CENTRO DE INTERESE "ABRIL, MES DO LIBRO"


Durante este mes podedes atopar na entrada da biblioteca o centro de interese "Abril, Mes do libro". Alí atoparedes libros relacionados con libros... Si, xa sei que semella un trabalinguas, pero para explicalo mellor, no centro temos todo tipo de novelas e contos nos que o protagonista principal é un libro, ou un escritor, ou unha biblioteca... calquera cousa que teña que ver co mundo dos libros!

E ademáis, de novelas, tamén podedes atopar títulos de non-ficción relacionados con este invento que tanto nos entretén. Porque non sei que fariamos sen os libros...

















martes, 12 de abril de 2011

ENQUISA DE VALORACIÓN DA BIBLIOTECA

Dende hai algúns días, nos puntos de información situados na entrada da Biblioteca podedes encontrar unha enquisa de valoración da Biblioteca.

Mediante esta enquisa pretendemos coñecer a vosa opinión sobre varios aspectos da biblioteca: que vos gusta menos, que vos gusta máis, que cambiariades, etc... Coñecendo a vosa opinión poderemos mellorar para ofrecervos un mellor servizo.

E para facilitarvos a participación, a enquisa tamén está dispoñible vía web, picando na seguinte imaxe. Agardamos as vosas respostas!!

lunes, 11 de abril de 2011

LA ISLA DE LOS CAZADORES DE PÁJAROS, DE PETER MAY

A investigación do macabro asasinato dun antigo compañeiro de clase obriga o detective Fin Macleod a regresar ao lugar onde naceu e ao que esperaba non ter que volver nunca: a illa de Lewis, ao oeste de Escocia.

As agrestes paisaxes da illa e o opresivo ambiente da comunidade debuxan o escenario dun caso marcado pola envexa, os amores frustrados, as tradicións máis cruentas e os recordos esquecidos.

Pasado e presente entrelázanse nunha intriga soberbia asinada por Peter May, un autor, que se revela como un mestre da de novela negra.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N MAY isl novedades

viernes, 8 de abril de 2011

NOVIDADES DO CÓMIC

Seguindo coas novidades de hai algúns días, hoxe traemos os últimos títulos do mundo do cómic. Premendo en cada imaxe podedes entrar no rexistro correspondente do noso catálogo. Agardamos que disfrutedes deles...















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí