jueves, 31 de marzo de 2011

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES DE ABRIL


Xa podedes consultar a programación da Biblioteca do mes de Abril na nosa axenda ou nos eventos do Facebook.

Este mes temos teatro, un obradoiro de maquillaxe e contacontos.

Estades convidados!!


MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos teatro con Casahamlet e "As formigas".

Esta obra pretende levar á escena a inoncencia e a fantasía a partir dun paseo polo bosque de dúas formigas, un camiño inevitábel para o coñecemento e a experiencia, até desembocar en Formigalia, a festa anual das formigas, onde a nosa parella celebra o seu amor.

Un espectáculo para todas as idades e de entrada libre.

Mañá, venres 1, ás 18:00 h. no Salón de Actos.


miércoles, 30 de marzo de 2011

MIL E UNHA MANEIRAS DE ORGANIZAR OS LIBROS




martes, 29 de marzo de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Hai tan só algúns días falabámosvos das novidades de ficción no fondo de adultos, e velaquí tedes as novidades de non-ficción. A partir de hoxe, premendo en cada imaxe podedes acceder ao rexistro correspondente do noso catálogo. Porque non só de fantasía e imaxinación viven os libros...






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


lunes, 28 de marzo de 2011

CALIGRAFÍA DE LOS SUEÑOS, DE JUAN MARSÉ

A mediados dos corenta, Ringo é un neno de quince anos que pasa as horas mortas no bar da señora Paquita, movendo os dedos sobre a mesa, coma se repasase as leccións de piano que a súa familia xa non pode pagarlle. Nesa taberna do barrio de Graza, é testemuña da historia de amor entre Vicky Mir e o señor Alonso: ela, unha muller entrada en anos e en carnes, masaxista de profesión, inxenua e enamoradiza; el, un cincuentón aposto que empezou frecuentando a muller para curarse dunha lesión no pé e acabou instalándose na súa casa.

Alí viven xunto a Violeta, a filla da señora Mir, ata que sucede algo inesperado: un domingo pola tarde, Vicky bótase ás vías dun tranvía intentando un suicidio imposible e patético, mentres o señor Alonso desaparece para non volver. O único que queda del é unha carta que prometeu escribir e que Vicky estará esperando e desexando ata a loucura, mentres Violeta move as súas espléndidas cadeiras polo barrio, fusca e indiferente aos afagos.

A vida enteira discorre polo bar da señora Paquita e baixo a mirada de Ringo, que escoita, le, e finalmente empezará a escribir, enchendo de luz esa triste caligrafía de toda unha xeración que alimentou os seus sonos nos cines de periferia e nas rúas grises dunha cidade onde o futuro parecía algo improbable.

Espléndido relato de iniciación ao desexo e á escritura, "Caligrafía de los sueños" é a primeira novela que Juan Marsé publica tras a concesión do Premio Cervantes en 2009.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N MAR cal novedades.




viernes, 25 de marzo de 2011

A CITA DA SEMANA


"He firmado tantos ejemplares de mis libros que el día que me muera va a tener un gran valor uno que no lleve mi firma"

José Luis Borges (1899-1986), Escritor argentino



jueves, 24 de marzo de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos sesión de narración con Avoa Youja Teatro e "Viaxe en colo".

Unha viaxe para os recén chegados, que teñen moitas cousas por descubrir... Unha actividade para nenos de 0 a 3 anos.

Mañá, venres 25, ás 18:00 h. na Sala de Actividades da Biblioteca (ó lado da Sala Infantil)


miércoles, 23 de marzo de 2011

EXPOSICIÓN "MÚSICA DE PEDRA E CANTOS DE PEREGRINACIÓN"


Dende o pasado día 21 e ata o 3 de abril podedes visitar na Biblioteca a exposición "Música de pedra e cantos de peregrinación: instrumentos musicais da colección Martín Codax".

Esta mostra está composta por 17 instrumentos musicais medievais, reproducidos a partires de modelos orixinais, álguns deles réplicas dos que aparecen no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Ademáis completa a exposición unha mostra fotográfica do Pórtico da Gloria del artista lucense Santy López.




martes, 22 de marzo de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Xa estamos aquí coas novidades do fondo de adultos. Aquí tedes algúns dos últimos títulos que ocupan os nosos andeis...






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


lunes, 21 de marzo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, por resolución da UNESCO. Na Biblioteca, tanto na sala infantil como no préstamo de adultos podedes encontrar varias seccións adicadas a este xénero literario. Todos eles levan na signatura a letra "P"

Este ano homenaxéase a figura de Pablo Neruda, poeta chileno e gañador do Premio Nobel de Literatura en 1971. É un dos poetas máis famosos do século XX, e aquí tedes algúns dos seus libros que podedes atopar na biblioteca...