lunes, 28 de febrero de 2011

SORRY, DE ZORAN DRVENKAR

Cando catro novos amigos de Berlín fundan unha axencia que se dedica a «pedir perdón» logo de encargo de empresas, ningún deles pode prever as consecuencias desta decisión.

O negocio florece ata que un cliente anónimo os obriga a pedir perdón a unha muller morta e a desfacerse do seu corpo. Isto é o principio dun pesadelo sen fin, na cal dous dos catro amigos perderán a vida, e serán pezas dun xoguete manexado polo asasino.

Sorry, o primeiro thriller de Zoran Drvenkar, é fascinante, cativador, directo e extremadamente perturbador. Unha historia na que calquera dos amigos pode ser o culpable

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N DRV sor novedades

jueves, 24 de febrero de 2011

ESTA SEMANA NA BIBLIOTECA...

Temos sesión dobre a tarde do venres e a mañá do sábado.

Este venres 25, temos Contacontos-Obradoiro con Fátima Fernández e "O libro dos mil picos", ás 18:00 h. na Sala de Actividades da Biblioteca (ao lado da Sala Infantil)

Se tes entre 6 e 12 anos, xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

E o sábado pola mañá, para os nenos de entre 1 e 4 anos, temos obra de teatro con Caramuxo Teatro e os seus "Zapatos".

Que pasa con todos eses zapatos que xa non teñen dono?? Tódolos días chegan a un agochado xardín centos de vellos zapatos, e unha xoven rapaza é a encargada de coidalos e darlles a benvida ao seu novo fogar, un lugar onde coñecer a Pequecho, á zapatilla de ballet, ó Sol e á Nube, e a centos de compañeiros...

O sábado 26, ás 12:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.



miércoles, 23 de febrero de 2011

EU QUERO SER BIBLIOTECARIA...

Así é como comeza este videoclip do grupo neozelandés Haunted Love coa súa canción "Librarian". Coa típica imaxe estereotipada da bibliotecaria con gafas e moño, a canción e todo un canto a todo aquelo que non debe facerse nunha biblioteca. E ó final acontece o que todo bibliotecario temeu algunha vez na súa vida ;)



martes, 22 de febrero de 2011

A CITA DA SEMANA


"Los libros son como los amigos, no siempre es el mejor el que más nos gusta."

Pío Baroja (1872-1956), Escritor español



lunes, 21 de febrero de 2011

EL VALS LENTO DE LAS TORTUGAS, DE KATHERINE PANCOL

Despois do extraordinario éxito de "Los ojos amarillos de los cocodrilos", chega a anhelada continuación.

Este libro é como unha borrasca no medio da vida... O bico abrasador daquel ao que nunca debemos bicar... Un abrazo que é refuxio ou morte... Un home inquietante pero encantador... Unha muller que treme e espera ardentemente... Un home que mente... Unha muller que cre dirixir o baile pero que perdeu o paso...Dos adolescentes máis informados que os maiores... Un home que xoga a resucitar... Un pai alá arriba, entre as estrelas, musitando ao oído da súa filla... Un can tan feo que nos apartamos do seu lado...

Personaxes que avanzan testanamente. Como pequenas tartarugas obstinadas. Que aprenden a bailar lentamente, lentamente. Nun mundo demasiado rápido, demasiado violento.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N PAN val novedades

viernes, 18 de febrero de 2011

UN CÓMIC PARA A FIN DE SEMANA...

Como xa sabedes, tamén recibimos novidades do mundo do cómic, así que aquí tedes os últimos números e novos títulos que chegaron ata a Biblioteca...

























Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


jueves, 17 de febrero de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...

Temos o obradoiro "Escola de maxia" con Cucarandainas.

Visita esta escola tan especial, onde os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos rescatando ao mago que todos levamos dentro.

Se tes entre 6 e 12 anos, xa podes recoller a túa invitación no mostrador da Sala Infantil (20 prazas).

Mañá, venres 18, ás 18:00 h. na Sala de Actividades da Biblioteca (ó lado da Sala Infantil)


miércoles, 16 de febrero de 2011

NADA ES CRUCIAL, DE PABLO GUTIÉRREZ

Cidade Mediana, anos oitenta. Os ionquis habitan os descampados e esquecen as súas crías dentro de alpendres de uralita. Nun deles sobrevive milagrosamente un cachorro silencioso que se deixa esmagar polo sol. Dúas señoras moi cándidas e amables rescátano, límpanlle a cara con auga de colonia e comezan a falarlle de Deus e de espaguetis.

Mentres, noutro lugar que ule a vaca e a penso, unha nena feliz observa como a súa nai naufraga na cama, os ollos perdidos nalgún lugar, o pelo sucio, o pixama pegado á pel dende que papá marchou.

Nada é crucial é un percorrido a través da formación sentimental dos personaxes desta novela; cando as súas vidas, como as nosas cidades, estaban cheas de descampados.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N GUT nad novedades

martes, 15 de febrero de 2011

OS LIBROS-ARTE DE MARION BATAILLE

Noutras ocasións xa falámosvos dos libros pop-up, e nesta ocasión traémosvos as obras de Marion Bataille, unha deseñadora gráfica francesa que publicou dúas das súas obras coa editorial Kókinos: "ABC3D" e "Diez". Nos vídeos podedes ver unha mostra destes dous traballos, que non son máis ca un abecedario e os números do un o dez. Unhas verdadeiras obras de inxeñería..



lunes, 14 de febrero de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

E continuamos coas novidades da semana pasada, nesta ocasión coa non-ficción. Desta volta temos algo de psicoloxía, historia, cine, biografías, cociña, fotografía, informática, filosofía, relixón, e moito máis que podedes atopar nos andeis de novidades.






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí


viernes, 11 de febrero de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Hai tan só algúns días falabámosvos das novidades no fondo de adultos, e velaquí tedes algunhas máis. Porque queremos estar á última e ofrecervos os mellores títulos e os máis novidosos...






















Se queredes saber que máis podedes atopar nesta sección, premer aquí