lunes, 31 de enero de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: NON-FICCIÓN

Seguindo coas novidades, hoxe toca a non-ficción, eses libros que nos informan e ilustran sobre todo tipo de actividades e temas. Un pouquiño de cociña, outro pouquiño de política, unha pizquiña de biografías e historia, deporte, psicoloxía, debuxo, etc.






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí


viernes, 28 de enero de 2011

NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS: FICCIÓN

Xa había tempo que non vos falabamos das nosas novidades, e velaquí están de novo os últimos títulos en ficción que chegaron ata nos. Unha selección con algúns dos títulos máis destacados e outros que parecéronnos interesantes...






















Se queres saber que máis podes atopar nesta sección, preme aquí


jueves, 27 de enero de 2011

HOXE E MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Hoxe temos ás 18.00 h. a entrega de premios aos gañadores do Certame Infantil de Poesía "Nadal 2010", organizado pola Biblioteca, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Estes foron os gañadores nas correspondentes categorías:

Categoría A (ata 8 anos):
Jorge Estraviz, Alejandro Díaz e Ainoa Rodríguez

Categoría B (de 9 a 11 anos):
María Rodríguez, Denis Blanco e Mª Jesús Prado

Categoría C (de 12 a 16 anos):
Brenda González e Marta Arias

E mañá, venres 28, temos sesión de teatro con Migallas e "O libro máxico" . A protagonista desta aventura, Rosiña, é unha nena que queda soa na casa mentres os seus pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes, decide investigar nun baúl. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tralas primeiras liñas empezan a pasar cousas raras e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.

Unha obra para todos os públicos.

Mañá, ás 18:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca.


miércoles, 26 de enero de 2011

CAMPAÑA "APADRIÑA UN LIBRO"

Dende a Biblioteca do Ateneu Barcelonés chéganos esta peculiar iniciativa: "Apadriña un libro: conserva o futuro, preserva o pasado". Unha campaña ideada polos responsables da Biblioteca, para conseguir os fondos necesarios para a restauración dos seus exemplares máis salientables.


Esta biblioteca conta cun importante patrimonio bibliográfico con incunables, manuscritos e obras singulares dos séculos XVI, XVII e XVIII que necesitan dunha urxente restauración. Como estas intervencións soen ser bastantes caras e a biblioteca non dispón de tanto diñeiro, mediante esta campaña calquera pode facer unha doazón da totalidade ou dunha parte dun libro, enchendo un formulario que teñen na súa páxina web. E que saca o padriño de todo isto? Pois ademáis da satisfacción persoal de salvar unha obra histórica, o seu nome aparecerá na caixa de preservación no que se conservará o libro unha vez restaurado e en todo lugar no que apareza o libro.

Premendo na imaxe de debaixo podedes acceder a unha presentación dos libros dispoñibles para apadriñar, verdadeiras obras de arte. E se queredes saber canto costa cada un, só tedes que premer na barra superior onde pon "Mostar información".


Parece que polo momento a iniciativa está a tener bastante éxito, e dende aquí desexamos que así sexa.


martes, 25 de enero de 2011

CENTRO DE INTERESE "MEMORIA DO HOLOCAUSTO"


Para completar a exposición fotográfica "Memoria do Holocausto" con motivo do Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto (27 de xaneiro), preparamos un centro de interese con novelas, biografías, cómic, ensaio e películas que tratan este tema. Podedes atopalo ao carón da exposición, e etiquetados cunha estrela amarela.

E tamén para conmemorar esta data, o mércores 26 proxectaráse no Salón de Actos da Biblioteca o documental "El convoy de los 927" de Montse Armengol, ás 19.00 h.


E coma sempre, e para rematar, aquí vos deixamos unha selección dalgúns dos títulos que podedes atopar no centro de interese...
Libros
















DVD's