martes, 13 de diciembre de 2011

SOMBRAS EN EL TIEMPO, DE JORDI SIERRA I FABRA

En 1949, unha familia de inmigrantes murcianos instálase en Barcelona en busca dunha vida mellor. O amor, a loita, a represión, a supervivencia, o desexo e a esperanza marcarán as súas vidas a partir dese momento.

Carmen e os seus fillos chegan á Barcelona de 1949 para reunirse con Antonio, o pai de familia, que os espera despois de traballar varios anos na cidade. Animados pola promesa dunha vida mellor afastada das penurias do campo en Murcia, a súa terra natal, enfróntanse á dureza dun mundo descoñecido para eles onde as feridas entre vencedores e vencidos están aínda demasiado abertas. 

O desexo de Úrsula por triunfar nos escenarios como cantante, as dificultades de Fuensanta para incorporarse ao mundo laboral, os amoríos amorosos do galán Ginés, a loita de Salvador contra a intolerancia e a brecha que empezará a crearse entre Carmen e Antonio polos segredos dun matrimonio escuro marcarán os seus destinos nun país que camiña con esforzo detrás do futuro.

Coas cartillas de racionamento, a represión ideolóxica, a ameaza dos cárceres franquistas ou a tenaz rebeldía dos maquis como pano de fondo, Sombras no tempo é unha historia minuciosamente ambientada que atrapará o lector polos seus personaxes emotivamente trazados, as súas tramas apaixonantes e a sensacional recreación dos anos máis emblemáticos e turbulentos da posguerra, un tempo onde a subsistencia do día a día era o único recurso fronte á adversidade.

Unha desgarradora novela repleta de amor, coraxe e esperanza, gañadora do Premio de Novela Ciudad de Torrevieja 2011

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N SIE som novidades histórica


1 comentario:

Sempre dijo...

Moi interesante recomendación. Mil grazas.