lunes, 19 de diciembre de 2011

MÁS ALLÁ DEL ESPEJO, DE JOHN CONOLLY

Algo malsán flota aínda no interior da Casa Grady. Nesa tenebrosa casa, perdida nos lindes dun denso bosque e de cuxas paredes colgan talvez demasiados espellos, aconteceron feitos atroces.

Alí o seu dono, John Grady, asasinou varios nenos tras secuestralos. Anos despois, o pai dunha das vítimas, que comprou a casa para que ninguén esquecese os crimes cometidos nela, ten indicios de que unha nena descoñecida podería estar en perigo. E acode a Charlie Parker para que evite unha traxedia.

O detective, que non dubida en aceptar o caso, vai en busca de todos os que coñeceron a John Grady. Quizais logre así descubrir que segredos oculta aínda a casa, aínda que iso supoña atraerse a ira deses seres espectrais que acoden sempre á chamada do Mal.



Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N CON mas novidades intriga e misterio




No hay comentarios: