viernes, 2 de diciembre de 2011

LA VIDA DESPUÉS, DE MARTA RIVERA DE LA CRUZ

Victoria leva en Nova York a que parece unha vida envexable: dá clase na universidade, ten un marido rico e guapo e un ático no Upper East Side. Cando recibe a noticia da morte de Jan, o seu mellor amigo, regresa a Madrid para asistir ao funeral. Alí encontrarase coa sofisticada Chloe, antigo amor de Jan; coa súa filla, a rebelde Solange; con Marga, a súa esposa; coa súa excéntrica sogra, Shirley... Un xiro dos acontecementos obrigará a Victoria a permanecer en Madrid, onde terá que enfrontarse á desconfianza de catro mulleres que nunca creron que a súa amizade con Jan fose de todo sincera.

A vida despois é unha novela sobre os amigos e o afecto, e tamén sobre as relacións entre mulleres. Unha historia en torno ao complicado mapa dos sentimentos onde hai lugar para os conflitos, os celos e a envexa, pero tamén para o cariño, a lealdade e a entrega.

Nestas páxinas, Marta Rivera de la Cruz -a novelista das cousas pequenas- volve traernos unha historia de tenrura sobre a que gravita unha pregunta fundamental: é posible que dúas persoas de distinto sexo se queiran sen amarse? Poden un home e unha muller ser nada máis que amigos?

Podes atopalo na biblioteca có rótulo: N RIV vid novidades vida cotiá


No hay comentarios: