martes, 29 de noviembre de 2011

O FADO, PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE

Este famosísimo estilo musical dos nosos veciños de Portugal foi nomeado hai uns días Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Xunto ao flamenco que xa leva un tempo gozando desta categoría, únense tamén os mariachis mexicanos. Toda unha mestura de estilos...
Para os que queiran coñecer mellor esta música, aqui tedes unha selección de cd's que podedes atopar na Biblioteca. Esperamos que disfrutedes...
















1 comentario:

Xosé Lois dijo...

O fado descubrino en Porto cando tiña máis ou menos cinco anos. Evidentemente, daquela non lle fixen caso ainda que me levei un bó regalo (isa é outra historia) Anos máis tarde redescubrino con "Lágrimas" (Dulce Pontes) e, digámolo así, namoroume. Tamén gústame moito como canta Mísia. Noraboa polo recoñecemento.