lunes, 21 de noviembre de 2011

NO CLUB DE LECTURA ESTÁN A LER...

"MUERTE ACCIDENTAL DE UN ANARQUISTA" DE DARIO FO

Obra de teatro, baseada nun feito real acaecido na Italia dos 60, marcada polo humor característica do autor italiano Darío Fo, quen crea situacións surrealistas e absurdas para satirizar os métodos arbitrarios que na trama utiliza a policía italiana.

"Un anarquista falece tras caer por unha ventá cando está a ser interrogado pola policía de Milán. A aparición dun tolo na comisaría, quen irá adoptando diferentes personalidades, será decisiva para a investigación dos feitos auténticos que deron lugar á morte do detido. "
Unha das mellores obras de Dario Fo, toda ela é unha sátira cómica que trata con ironía e acidez os abusos de poder, a busca da verdade, sobre os métodos da policía ao servizo da represión. En definitiva, esta obra de teatro é unha profunda reflexión sobre a corrupción e a falsidade da realidade por parte dos poderes políticos e mercantís que rexen a nosa sociedade.

A obra logra facernos rir e pensar coa comedia que nos ofrece pero tendo en conta a crítica social que representa. O que fai que sexa unha obra a ter en conta.



No hay comentarios: