martes, 8 de noviembre de 2011

A BIBLIOTECA NA CIDADE, COÑÉCEA


Porque este mes, ademáis de atoparnos no noso edificio en Ramón Ferreiro, poderédes atoparnos no centro comercial "As Termas".

Dende o día 14 ata o 30 de novembro, na zona de descanso sita na primeira planta, ao carón dos cines, poderédes facervos socios da biblioteca, ler calquera dos libros que teremos dispoñibles, ou se xa sodes socios, levar en préstamo un libro, unha película, un cd de música, ou todo xunto!!

Estaremos a vosa disposición todas as tardes, dende as 15:00 ata as 21:00, de lúns a sábado. E nuns días subiremos algúnhas fotos para que o poidades ver.

Todos sabemos que as compras son agotadoras, por iso que mellor idea que descansar un pouquiño lendo un relato corto, ou simplemente curiosear entre os nosos libros. Se vos achegades polo centro comercial As Termas, non o dubidédes e visitade a Biblioteca!


E aqui non queda a cousa, porque nos próximos meses poderédes atoparnos noutros lugares da cidade, grazas a colaboración da asociación de comerciantes LugoCentrum. Se non tés tempo de achegarte á biblioteca, nos achegámonos a tí!



No hay comentarios: