viernes, 4 de noviembre de 2011

300 ANOS DA BIBLIOTECA NACIONAL


A Biblioteca Nacional de España está de noraboa, e é que cumple o seu 300 aniversario. Para celebralo organizan diversas actividades como exposicións, conferencias ou concertos. Os actos comenzarán o 13 de decembro, coincidindo coa data na que Felipe V aprobaba o plan presentado polo Pai Robinet para crear unha biblioteca pública.

Para consultar toda a información e actividades, podedes visitar a páxina web do tricentenario, e premendo na imaxe de abaixo podedes ver o vídeo conmemorativo "BNE. Es tuya".



No hay comentarios: