lunes, 10 de octubre de 2011

TARÁNTULA, DE THIERRY JONQUET

Na vida de Richard Lafargue, un respectable cirurxián plástico, hai dúas mulleres: Viviane e Eve. A primeira é a súa filla, unha rapaza precozmente envellecida que sofre os estragos da loucura nun manicomio. A segunda é unha moza sofisticada e dunha sensualidade que atrae calquera home que se cruza con ela (menos a Richard). Para esta, Richard preparou unha gaiola de ouro e uns castigos periódicos cos que pretende vingar unha antiga afronta que Eve descoñece. 

Non lonxe, un novo ladrón, e asasino por accidente escóndese da policía. Cre que o único que pode axudarlle é Richard. Internarse no perigoso triángulo formado por unha tola, un home enfermo de vinganza e unha muller fatal e humillada é o máis arriscado que ese matón de pouca monta fixo en toda a súa vida. 

Nesta novela é na que se basea "La piel que habito", a película de Pedro Almodóvar. Richard Lafargue é interpretado por Antonio Banderas no filme.





No hay comentarios: