martes, 18 de octubre de 2011

OS ESCRITORES MELLOR PAGADOS DO MUNDO


Según a revista americana Forbes, estes son os autores mellor pagados do mundo. Seguro que coñecedes máis dun nome... E se queredes coñecer a súa obra, na biblioteca podedes atopar varios títulos de cada un deles.


10. Nicholas Sparks - 16 millóns de dólares
Gústanche as historias románticas e cheas de sentimento? Este é o teu escritor...



9. Jeff Kinney - 17 millóns de dólares
Ideou as aventuras e desventuras do pobre Greg no "El diario de Greg"


8. John Grisham - 18 millóns de dólares
As novelas de abogacía e intrigas xudiciais son o seu



7. Dean Koontz - 19 millóns de dólares
Nada mellor que unha das súas novelas para pasar unha noite de medo


6. Rick Riordan - 21 millóns de dólares
As aventuras de Percy Jackson saíron da súa cabeza


5. Stephenie Meyer - 21 millóns de dólares
Creadora dos vampiros que máis suspiros levantan entre as adolescentes



4. Janet Evanovich - 22 millóns de dólares
Autora das alocadas aventuras da detective Stephanie Plum


3. Stephen King - 28 millóns de dólares
Catro palabras: O rei do terror


2. Danielle Steel - 35 millóns de dólares
Cinco palabras: A raíña da novela romántica


1. James Patterson - 84 millóns de dólares
Todo un especialista en novelas de intriga, e polo visto, en gañar diñeiro con elas ;)



No hay comentarios: