lunes, 17 de octubre de 2011

NO CLUB DE LECTURA ESTÁN A LER...

"ME LLAMO ROJO" DE ORHAN PAMUK

Rubén, o moderador do club de lectura de adultos, coméntanos algo sobre esta obra: "A novela introdúcenos no Istambul do século XVI en plena decadencia do imperio Turco, onde o Sultán do imperio, en contra dos preceptos da súa relixión pretende facerse un retrato e para iso encarga en segredo a catro ilustradores realizar un libro cos logros do seu reinado, ata que un deles desaparece. O desenvolvemento desta minuciosa novela bríndannos un fresco de novela negra, romántica e histórica, narrándonos a confrontación entre o pasado e o presente, a gloria e a decadencia. En resumo 687 páxinas moi ben levadas, unha das mellores novelas de Orhan Pamuk"

E sobre o autor, "Orhan Pamuk, naceu en 1952 en Istambul, Turquía. Comezou os estudos de arquitectura que nunca terminou, e abandonou a carreira para dedicarse á literatura a tempo completo. Aínda que a súa carreira como escritor se iniciou a finais dos anos 70, a súa primeira novela publicouse en 1982. O autor comezou a ser coñecido a partir da súa novela "El astrólogo y el sultán" (Beyaz Kale, 1985), que foi moi encomiada polo coñecido escritor John Updike. 

Orhan Pamuk alcanzou a súa consagración internacional con "Me llamo Rojo" (Benim Adim Kirmizi, 1998). Dende entón as súas obras traducíronse a máis de corenta idiomas. No ano 2006 outorgáronlle o Premio Nobel de Literatura, aínda que antes obtivera numerosos recoñecementos internacionais: Premio ao Mellor Libro Estranxeiro en Francia, Premio Grinzane Cavour en Italia e Premio Internacional IMPAC de Dublín. No 2005 tamén recibiu o Premio da Paz dos libreiros alemáns."

Unha lectura moi interesante, que tamén podedes atopar nos estantes da biblioteca có rótulo N PAM mel. Se xa o lestes ou sodes participantes do club de lectura, agardamos os vosos comentarios sobre o libro!


3 comentarios:

Go diva's dijo...

Yo estaba pendiente de que me llamaran para saber si entré a formar parte del club, con eso de las plazas limitadas, lo menos que esperaba era una confirmación de que mi solicitud había sido aceptada. En fin, he de preguntar.
Y si puedo participar, pues Pamuk está bien para empezar, por qué no?

Go diva's dijo...

A una semana de terminar el libro, parecer que en general, está gustando. Plantea una visión de Oriente que pasa por una historia amorosa y se ayuda del suspense para tener atrapado al lector.
De lectura más bien complicada por la multiplicidad de personajes que toman la palabra, "Me llamo Rojo" lleva inscrito el sello Pamuk.

Biblioteca Pública Nodal de Lugo dijo...

Moitas grazas polo comentario Go diva's. Alédanos saber que vos gusta o libro. A ver se o seguinte tamén ten éxito...