jueves, 29 de septiembre de 2011

ÚNETE AOS NOSOS CLUBES DE LECTURA


Xa está aquí, como todos os anos, o noso club de lectura, aínda que este ano contamos cunha novidade: o club de lectura xuvenil.

Como xa explicamos outras veces, un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo o mesmo libro, cada un na súa casa, e que logo se reunen na biblioteca, para compartir e contrastar as súas opinións. 

A biblioteca proporciona os libros aos integrantes do club, así que non vos teredes que preocupar de conseguir determinado título... Nós poñemos todo o necesario!

Podedes inscribiros directamente na Biblioteca, ou ben completar a solicitude de inscrición que atoparedes en cada clube e enviala por correo electrónico a esta dirección:
biblio.publica.lugo@xunta.es


CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS

20 prazas
Horario das reunións: Todos os xoves, de 18:00 a 20:00 h.



¡NOVIDADE! CLUB DE LECTURA XUVENIL

Este ano comezamos un club de lectura para rapac@s que lles guste ler, pero tamén para aqueles que non lean tanto, pero queiran facer amigos e falar sobre temas que lles interesan.

Os nosos obxetivos son:
Fomentar a lectura entre os rapac@s.
Promocionar o uso da biblioteca e dala a coñecer a cantos máis rapac@s mellor.
Crear un punto de encontro para os membros do club, preparar actividades en común

O grupo estará formado por un máximo de 15 rapac@s, e as reunións serán unha vez ao mes.

No hay comentarios: