miércoles, 28 de septiembre de 2011

PARTICIPA NOS CURSOS DA BIBLIOTECA


A Biblioteca ten entre os seus obxetivos desenvolver un plan de formación para o aproveitamento das novas tecnoloxías co fin de reducir a denominada brecha dixital, e por iso ao longo deste ano programaremos diferentes cursos gratuitos de alfabetización informacional. 

Polo momento, temos dous cursos dispoñibles para os meses de Outubro e Novembro. Son estes:

Outubro 2011

"Redes sociais" 
Martes 25 e mércores 26
De 17:00 a 19:00 h. (duración: 4 horas, en sesións de 2 horas)
15 prazas



Novembro 2011

"Seguridade dos fillos na internet"
Martes 22 e mércores 23
De 17:00 a 19:00 h. (duración: 4 horas, en sesións de 2 horas)
15 prazas



A inscrición pode facerse directamente na Biblioteca, ou enviando a solicitude por correo electrónico a calquera destas direccións: 

biblio.publica.lugo@xunta.es
blog.biblio.publica.lugo@gmail.com

O prazo de inscripción está aberto dende o día 26 de setembro, ata cubrir as 15 prazas dispoñibles. Terán preferencia os socios da biblioteca.


No hay comentarios: