miércoles, 14 de septiembre de 2011

O XOGO ONLINE DA CDD

E preguntarédesvos que é iso da CDD... Pois é a Clasificación Decimal de Dewey, que traducido á linguaxe común son os numeriños que empregamos na biblioteca para clasificar os libros según o seu tema. Aínda que realmente en España empregamos a CDU (Clasificación Decimal Universal), que é unha descendente de esta.

Pois vese que os bibliotecarios da Universidade de Texas andaban ociosos, e inventaron un xogo para ensinar aos seus usuarios como vai isto da CDD. Non é que teña moita utilidade, tan só serve para aprender a colocar os libros nos estantes, pero pareceunos curioso... Se queredes botar unha partidiña, premer na imaxe

No hay comentarios: