miércoles, 7 de septiembre de 2011

NOVA ZONA DE BOOKCROSSING NA BIBLIOTECA


Dende hai uns días podedes encontrar na biblioteca a nosa nova zona de Bookcrossing.

Tes un montón de libros e non sabes que facer con eles? Están a acumular po nos estantes e xa non tes sitio para máis? Pois o Bookcrossing é a solución para que eses libros volvan á vida.

A idea do bookcrossing é "liberar" libros para que outras persoas poidan desfrutar deles. É tan sinxelo como rexistrar os teus libros na páxina oficial de Bookcrossing, anotar no seu interior o BCID (BookCrossing IDentification, un número que se asigna a cada libro ao rexistralo) e deixalo na nosa zona de bookcrosing. Calquera persoa que se achegue ata aquí poderá coller o libro, entrar na web (co que a persoa que o liberou saberá en todo momento onde está o libro), desfrutar del, e volver liberalo na nosa zona ou en calquer outro lugar. Canto máis se mova o libro, mellor!!

Se non tes libros para liberar, non te preocupes, podes participar collendo algún libro dos que xa temos dispoñibles, rexistrar na web que o estás a ler, e volver poñelo en circulación.

Para máis información podedes consultar esta breve guía de funcionamento do bookcrossing, elaborada por Bookcrossing-spain, e tamén descargar adhesivos para poñer nos libros liberados


No hay comentarios: