viernes, 30 de septiembre de 2011

LA LAVANDA SILVESTRE QUE ILUMINÓ PARÍS, DE BELINDA ALEXANDRA

En metade da Provenza, a moza Simone Fleurier, de 14 anos, vive arroupada polo amor incondicional dos seus nunha granxa de lavandas que atravesa graves dificultades económicas. Cando todo parece mellorar, o seu pai falece nun terrible accidente de coche. A súa familia, esnaquizada e sen recursos, vese obrigada a enviar a Simone como criada a un vella casa de hóspedes que dirixe a súa tía -unha muller cruel e déspota que non aprecia a pequena en Marsella-. Soa, sen o amor dos seus e perdida calquera esperanza, Simone súmese na maior das miserias. 

Pero a súa sorte cambiará cando trabe amizade con Camile Casal, unha fermosa moza, fría e calculadora, dedicada ao teatro de variedades que lle descubrirá o mundo do espectáculo e todo o seu esplendor. Pouco a pouco, florecerá no corazón de Simone un sono que a motivará a seguir adiante: converterse na máis extraordinaria bailarina e cantante de toda Francia.
Belinda Alexandra creou unha historia inesquecible sobre como a valentía e a ousadía dunha moza sen recursos ogran convertela na máis afamada artista de París.

Unha recreación absorbente que nos somerxe na vida e os amores dunha muller sen igual á que acompañaremos dende os barrios máis baixos de Marsella ás salas de grandes concertos do París máis bohemio, dende o campo da Provenza ao decadente ambiente de Berlín ou ás luxosas avenidas de Nova York antes do estalido da Segunda Guerra Mundial. Unha bela historia de amor e coraxe capaz de demostrar que o amor, ao igual que a lavanda silvestre, pode florecer nos lugares máis inesperados...




No hay comentarios: