lunes, 19 de septiembre de 2011

CICLO DE CINE "Y, PARA COMER LUGO": DELICIOSA MARTHA

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Deliciosa Martha", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Martha é unha encantadora cociñeira que realiza verdadeiras obras de arte nun pequeno restaurante de Hamburgo. Aínda así a súa vida é bastante monótona. É introvertida, case non ten vida social e dedícase con paixón ao seu traballo. Pero a súa vida cambiará de súpeto cando a súa irmá, unha muller solteira que vivía soa coa súa filla de oito anos, morre nun accidente. Martha faise cargo da súa sobriña Lina, que sofre moito pola morte da súa nai. Só a presenza de Mario, un compañeiro italiano de Martha, poñerá un pouco de alegría e de pasta nas súas vidas. Mario deixa de ser un rival para converterse nun bo amigo. Pero un día aparece o pai de Lina, ao que Martha intentara localizar, coa intención de levarse á súa filla a Italia. Martha terá entón que tomar unha decisión.




No hay comentarios: