jueves, 22 de septiembre de 2011

CICLO DE CINE "Y, PARA COMER LUGO": EL FESTÍN DE BABETTE

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "El festín de Babette", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Século XIX. Nunha remota aldea de Dinamarca, dominada polo puritanismo, dúas anciás irmás, que permaneceron solteiras, recordan con nostalxia a súa afastada xuventude e a ríxida educación que as obrigou a renunciar á felicidade. A aparición de Babette, que chega dende París, fuxindo do Terror, cambiará as súas vidas. A recén chegada terá pronto ocasión de corresponder á bondade e á calor con que foi acollida. Un premio de lotaría permítelle organizar unha opulenta cea cos mellores pratos e viños da gastronomía francesa. Todos os veciños aceptan o convite, pero póñense previamente de acordo para non dar mostras dunha satisfacción que sería pecaminosa. Pero, pouco a pouco, nun cerimonial intenso e emotivo, van cedendo aos praceres da cociña francesa.



No hay comentarios: