miércoles, 21 de septiembre de 2011

CICLO DE CINE "Y, PARA COMER LUGO": BON APPÉTIT

Hoxe, ás 20:00 h. no Salón de Actos da Biblioteca podedes desfrutar da película "Bon Appétit", dentro do ciclo "Y, para comer Lugo" de la XXXIII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. A entrada é gratuita.

Sinopse: Esta é unha historia de amigos que se atreve a cruzar esa delgada liña que separa a amizade do amor e que cambia a vida para sempre. Daniel, un novo e ambicioso xefe de cociña español, acaba de conseguir o seu sono: unha praza no prestixioso restaurante de Thomas Wackerle en Zürich. O seu extraordinario talento como xefe de cociña serviralle para progresar na esixente cociña de Wackerle, pero non poderá conseguir que a súa relación con Hanna, a atractiva sumiller do restaurante, se transforme en algo máis que unha simple amizade. Esta situación sacudirá o ordenado mundo de Daniel, enfrontándoo a unha difícil decisión: continuar pola senda do éxito profesional ou arriscarse e loitar pola rapaza que ama.



No hay comentarios: