jueves, 1 de septiembre de 2011

AGUA PARA ELEFANTES, DE SARA GRUEN

Cando o mozo Jacob perde todo, mesmo a súa familia e o seu futuro, e o mundo enteiro parece ao bordo do abismo nos difíciles anos trinta, aventúrase nun circo ambulante para traballar como veterinario.

Transcorren anos de penuria e crueldade, pero tamén de ensoño e plenitude: no cegador espectáculo dos irmáns Banzini, as emocións máis profundas xorden cando se cruzan os destinos dun home unha muller e a elefanta Rosie baixo a carpa do circo.

Sara Gruen escribiu unha novela aclamada por millóns de libreiros e lectores en todo o mundo. Pasen e vexan: romance, loita, asasinato, traxedia e humor integran esta gran función que conmove e asombra por igual.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N GRU agu novedades




No hay comentarios: