martes, 9 de agosto de 2011

UNA DIOSA PARA EL REY, DE MARI PAU DOMÍNGUEZ

Reinou como ningunha outra muller no corazón de Felipe II durante máis de quince anos, aínda que nunca chegou a ocupar o trono español. Esta é a historia de amor, tráxica e conmovedora, entre a dama da corte Isabel de Osorio e o entón novo príncipe chamado a converterse no Rei do mundo.

Salamanca, 1543. Con só 16 anos, Felipe de Habsburgo espía inquedo o recibimento de quen está a punto de converterse na súa primeira esposa: a súa prima, a pouco agraciada María Manuela de Portugal. O destino imponlle que cumpra co seu deber como home de Estado, pero para o impulsivo mozo é imposible renunciar á dama de compañía da súa nai e as súas irmás, Isabel de Osorio: unha muller maior ca el, de cuxa man coñeceu o sexo contravindo as estritas ordes do seu pai, o emperador Carlos V, e da que se namorou perdidamente.

Este amor escandaloso e desgarrador sobrevive a un segundo matrimonio concertado, esta vez coa posesiva e avejentada raíña de Inglaterra: María Tudor. Os intereses estratéxicos de España en Europa sepultan os sonos de Osorio. O seu único trono foi o corazón de Felipe. O grande amor de xuventude do monarca rematou empurrado pola historia oficial ao canto dos proscritos, onde durmiu en soidade e abandono ata os nosos días.

Tras o éxito de "La casa de los siete pecados", Mari Pau Domínguez une o seu probado talento narrativo e rigor documental, unha inusitada capacidade investigadora: grazas a ela foi posible esta espléndida reconstrución, evocadora e apaixonada, dun dos episodios persoais menos coñecidos de Felipe II nos anos en que se debate entre unha desbordante vitalidade amorosa e os ineludibles deberes que o destino reservou para el.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N DOM dio novedades




No hay comentarios: