lunes, 1 de agosto de 2011

QUE EMPIECE LA FIESTA, DE NICCOLÓ AMMANITI

O rico construtor Sasà Chiatti organiza na súa residencia de Villa Ada, en Roma, unha festa que será o acontecemento máis grande da República italiana. Entre cociñeiros búlgaros, cirurxiáns estéticos, actrices, futbolistas, tigres, elefantes, o coñecido escritor Fabrizio Ciba e as Bestas de Abadón, a alporizada seita satánica de Oriolo Romano, protagonizan unha aventura de heroes e comparsas que dan vida a unha grandiosa e disparatada comedia humana. Co seu humor irresistible, Ammaniti plasma os vicios e as poucas virtudes da nosa época.

E ao final só quedan os restos dunha cultura fatua e cansa, incapaz de tomarse en serio a súa propia ruína. Unha novela que confirma a Ammaniti como a gran fi­gura literaria italiana da súa xeración, gabado pola crítica, galardoado co Strega e o Viareggio, os premios máis prestixiosos, con incontables lectores e traducido a 44 linguas.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N AMM que novedades




No hay comentarios: