martes, 5 de julio de 2011

¿CANDO NACEU O LIBRO DE PETO?


Dende a páxina web da revista "Muy Interesante" traemos unha interesante pregunta: cando naceu o libro de peto?

"A entrada no mercado editorial dos primeiros libros de peto, os Penguin Books ingleses, tivo lugar o 30 de xullo de 1935, e supuxo o inicio da posta a disposición do público masivo das obras clásicas e modernas máis importantes do momento, contribuíndo á democratización da lectura. O lanzamento da primeira colección foi todo un éxito: tres millóns de libros vendidos no primeiro ano de vida do novo selo editorial. Á vista dos resultados, en 1939 o libro de peto entra no mercado estadounidense co lanzamento de Pocket Books. E tras a segunda guerra mundial, xurdían novas coleccións en países europeos como Francia e España.

Segundo o describe Rosa Melendo, "un dos piares básicos do libro de peto é ser máis accesible, economicamente falando; non obstante, trátase de algo máis que lectura a bo prezo. Por outro lado, no pequeno libro de peto cabe de todo, ou case de todo; resístenselle, loxicamente, as obras moi ilustradas. Podería falarse, entón, de libros baratos, pequenos e sobre calquera tema".


No hay comentarios: