lunes, 20 de junio de 2011

PARA ANA (DE TU MUERTO), DE NURIA ROCA Y JUAN DEL VAL

Ás veces, os demais saben algo noso que nós ignoramos

Ana coñeceu ao escritor Carlos Pacheco cando apenas era unha adolescente e con el compartiu vinte anos.

Amoral, apaixonado e xenial, Carlos foi, para ben e para mal, o máis extraordinario que lle pasou a Ana. Despois dunha relación intensa e atormentada, Ana quere ser normal. Ese obxectivo será a verdadeira aventura da súa vida. E se unha morte fose a súa segunda oportunidade?

Despois de ser unha das autoras españolas máis vendidas de 2009, Nuria Roca (en colaboración con Juan del Val) decídese para a súa segunda novela por unha historia na que combina, ademais dos mellores ingredientes de "Los caracoles no saben que son caracoles" (sexo, humor e vida cotiá), unha trama chea de sorpresas na que nada é o que parece e que se desenvolve entre bambolinas no mundo editorial. Unha novela irresistible, irresistible e aditiva dende a primeira liña.

Podes atopalo na biblioteca có rotulo N ROC par novedades


No hay comentarios: