jueves, 16 de junio de 2011

MAÑÁ NA BIBLIOTECA...


Temos teatro con Migallas e "Camiño de historias"

Un espectáculo constituído por varias historias de tradición oral procedentes de diversos continentes e enlazadas mediante cancións e ditos populares.

Cada relato é tratado dun xeito diferente combinando a narración con técnicas de expresión plástica e dramática. Malia ser tradicionais, os contidos que tratan estas historias son actuais e próximos ós nenos e nenas:
- os rapaces consentidos polos pais
- o afán de posuír xoguetes e lambonadas
- o valor da humildade e da honradez
- o ritmo das estacións e o ciclo da vida
- a importancia da música e da festa, etc.

As cancións e os ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.

Unha obra para todos os públicos

Mañá, venres 17, ás 18:00 h. no Salón de Actos.


No hay comentarios: